Pantón, unha das citas galegas do ciclo Espazos Sonoros 2014

Un momento da sesión musical que o programa Espazos Sonoros 2014 ofreceu na igrexa de San Vicente de Pombeiro, o pasado 11 de outubro.  GPDTL.
Un momento da sesión musical que o programa Espazos Sonoros 2014 ofreceu na igrexa de San Vicente de Pombeiro, o pasado 11 de outubro. GPDTL.

• Pantón acolleu un dos once eventos que integran a programación de Espazos Sonoros 2014, unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que leva a música aos espazos de interés cultural espallados polo noso territorio.

MÚSICA RENACENTISTA NUN MARCO INCOMPARABLE
Nesta ocasión, foi a igrexa de San Vicente de Pombeiro o escenario de excepción, o día 11, para disfrutar da música de Marco Beasley & Friends, que deleitaron coa súa interpretación da música renacentista a través dunha coidada e sentida posta en escena deste recoñecido tenor, co acompañamento instrumental de laúde e aquilaúde, a cargo dos laudistas Fabio Accurso e Stefano Rocco. Os tres intérpretes integran o conxunto Accordeone, unha das formacións máis aclamadas do panorama musical europeo.

PANTÓN, SEDE CULTURAL
Con esta cita que aúna música, arte e patrimonio, Pantón segue a amosar a súa capacidade como atractivo cultural, na liña de cidades como Santiago de Compostela, Ribadavia, Padrón, Ourense ou Betanzos, outras das sedes da sétima edición dos Espazos Sonoros. Esta programación incluíu ademais un concerto no Mosteiro de San Pedro de Rocas, en Esgos, e un obradoiro de achegamento á música antiga, celebrado no Pazo de Tor de Monforte.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Publican un número especial da revista Terra e Tempo

Seguinte Nova

A ruta do Románico de Pantón, das máis solicitadas este verán

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: