Preto do 90% de ocupación no programa Termalismo no Camiño

•Os participantes poden disfrutar nos balnearios de Augas Santas, Lugo e Río Pambre de estancias con tratamentos termais a prezos vantaxosos

Termalismo no Camiño está destinado a lucenses maiores de 50 anos, e ofrece descontos en paquetes de estancias e tratamentos termais en tres balnearios da nos provincia próximos ao Camiño de Santiago. (Foto cedida).
Termalismo no Camiño está destinado a lucenses maiores de 50 anos, e ofrece descontos en paquetes de estancias e tratamentos termais en tres balnearios da nos provincia próximos ao Camiño de Santiago. (Foto cedida).

• A iniciativa Termalismo no Camiño está a ter unha amplia acollida, cun total de 1.049 solicitudes recibidas dende agosto para beneficiarse das 1.200 prazas que oferta este programa, que rematará a finais de ano. A Deputación de Lugo puxo en marcha, por cuarto ano consecutivo, esta iniciativa destinada aos lucenses maiores de 50 anos, que poden disfrutar de estancias con tratamentos termais a prezos vantaxosos en balnearios próximos aos Camiños de Inverno, Francés, Primitivo e Norte a Santiago.

IMPULSAR O BENESTAR SOCIAL E O TURISMO MEDIOAMBIENTAL
O obxectivo deste programa é impulsar o benestar e a saúde, así como o turismo medioambiental. Dentro deste programa, ofrecen prazas este ano os complexos hoteleros de Oca Augas Santas Balneario & Golf Resort en Pantón, o Hotel Balneario de Lugo Termas Romanas, e o Hotel Balneario Río Pambre en Palas de Rei, que son os balnearios da provincia que empregan augas mineromedicinais declaradas de utilidade pública con fins terapéuticos e preventivos para a saúde, segundo establece a Lei de regulación de augas minerais, termais e de manancial da Comunidade galega.
Según precisaron os responsables provinciais, entre agosto e setembro, foron un total de 568 os lucenses que xa desfrutaron das súas estancias do programa Termalismo no Camiño. No mes de outubro están asignadas 227 solicitudes, das que 198 inclúen estancia. En novembro, serán polo momento 206 os beneficiarios que disfrutarán dos tratamentos termais dentro deste programa de descontos, e 190 escolleron tamén a modalidade de paquete con estancia. Están confirmadas para decembro un total de 48 solicitudes. Os interesados en reservar algunha das 151 prazas dispoñibles poden facelo no teléfono 982 260 076 ou en www.deputacionlugo.gal.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Chantada será a sede do Campionato Galego de Billar a tres bandas

Seguinte Nova

A Deputación de Lugo, a primeira de España en traballar coa Banca Ética

Últimas noticias sobre INFRAESTRUCTURAS

A %d blogueros les gusta esto: