Publican un número especial da revista Terra e Tempo

Para celebrar os 50 anos da UPG

Un momento da presentación, na Galería Sargadelos de Lugo, do número especial da publicación "Terra e Tempo", que conmemora o 50º aniversario da UPG. (Foto cedida).
Un momento da presentación, na Galería Sargadelos de Lugo, do número especial da publicación «Terra e Tempo», que conmemora o 50º aniversario da UPG. (Foto cedida).

• A Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas presentou o 17 de outubro na Galeria Sargadelos de Lugo un especial do Terra e Tempo, baixo o nome “50 preguntas, 50 argumentos para a soberanía de Galiza». Según explicaron dende a Fundación, este monográfico ten por finalidade «dotar de argumentos aos cidadáns que queren unha Galiza independente nun momento de máxima caricaturización e demonización dos nacionalismos».
A edición deste volume coincide tamén coa celebración do 50 aniversario da Unión do Povo Galego, o partido con máis historia e lonxevo de Galiza.

FIRMAS DESTACADAS CONFIGURAN A PUBLICACIÓN
No volume colaboran persoeiros destacados da historia do nacionalismo galego como o propio Bautista Álvarez, Francisco Rodríguez, Xavier Vence, Pilar García Negro, Néstor Rego ou Alfredo Suárez Canal, entre outros. A publicación ofrece unha análise, por eidos competenciais e temáticos, que procura dar resposta ás preguntas que xorden á hora de abordar un proceso de autoorganización do pobo galego.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O xulgado de Sarria paralizou as obras na Ponte Ribeira

Seguinte Nova

Pantón, unha das citas galegas do ciclo Espazos Sonoros 2014

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: