Tres medallas para o Neka no Campionato Internacional Cidade de Ribeira

•Alejandro Fernández gañou un merecido ouro •O debut en competición de Junior Martínez saldouse cun bronce •Yago García sumou un bronce ao seu palmarés

Os deportistas do Club Neka de Monforte xa están a preparar con intensidade o Campionato de España de Clubes, que se celebrará en Pontevedra o vindeiro 6 de decembro. Arquivo EC.
Os deportistas do Club Neka de Monforte xa están a preparar con intensidade o Campionato de España de Clubes, que se celebrará en Pontevedra o vindeiro 6 de decembro. Arquivo EC.

• O club Neka vén de conseguir tres novas medallas no XIV Campionato Internacional Cidade de Ribeira, celebrado o 18 de outubro. Nesta proba, que xuntou na vila mariñeira a preto de 800 deportistas chegados de España e Portugal, a expedición monfortina estivo integrada por seis taekwondistas, que amosaron o bo momento polo que está a pasar esta disciplina deportiva na cidade do Cabe.

TRES MEDALLISTAS
O benxamín Alejandro Fernández Franjo acadou un merecido ouro, logo dunha excepcional participación, na que cabe sinalar o K.O. co que resolveu o primeiro combate, e un brillante 8-0 na final.
Pola súa banda, Yago García sumou en Ribeira unha medalla máis ao seu amplo palmarés, gañando o bronce. Asimesmo, a cita de Ribeira foi o escenario da excelente estrea en competición de Junior Martínez, que subiu ao podio na súa primeira proba oficial, e abriu a súa conta cunha medalla de bronce.

CAMPIONATO DE ESPAÑA DE CLUBES
O adestrador do Club Neka, José Mª Vega, amosouse satisfeito por este “moi bo” resultado nunha proba “difícil, que convoca a moita xente de varios puntos de España e Portugal”. Con estas boas sensacións, en Neka están xa a desenvolver os “durísimos” adestramentos cara ao Campionato de España de Clubes, unha cita fundamental no calendario desta disciplina deportiva, e que terá lugar en Pontevedra do 8 ao 8 de decembro.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Ata o 16 de novembro, o Museo de Lugo acolle unha mostra sobre o Meco e as Pampónigas de A Ermida

Seguinte Nova

Chantada será a sede do Campionato Galego de Billar a tres bandas

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: