A Área de Benestar da Deputación segue a apoiar as iniciativas dos colectivos sociais

O responsable de Benestar e vicepresidente  da Deputación, Antonio Veiga, na sinatura do convenio co presidente de AGADHEMO, a finais do mes pasado. GPVDL.
O responsable de Benestar e vicepresidente da Deputación, Antonio Veiga, na sinatura do convenio co presidente de AGADHEMO, a finais do mes pasado. GPVDL.

A comezos de novembro, a Área de Benestar da Deputación lucense firmou un convenio coa Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) por valor de 5.000 euros, para cubrir unha parte dos gastos derivados da contratación dunha traballadora social que posibilite que se siga ofrecendo unha atención integral ás persoas con discapacidade e ás súas familias. Ademais, a finais de outubro o organismo provincial asinou un convenio coa Asociación Galega de Hemofilia (AGADHEMO), por importe de 5.000 euros, para cofinanciar o programa denominado “Atendhemos: atención, información e formación para persoas con coagulopatías conxénitas”. Asimesmo, o mes pasado tamén quedou asinado un convenio coa Asociación Lucense de Esclerose Múltiple (ALUCEM) que posibilita que este colectivo dispoña de un administrativo que se encarga de realizar diversas xestións encamiñadas a mellorar os servizos que ALUCEM lle presta aos seus asociados. Neste caso, o convenio ascende a 10.200 euros.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Asociación de Veciños de Rioseco realizou unha viaxe cultural a Ribadeo

Seguinte Nova

Ata o 25 de novembro para solicitar un compostador no Concello de Monforte

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: