• O pasado 26 de outubro, un grupo de veciños e veciñas do barrio monfortino de Rioseco realizaron unha visita a Ribadeo. Os membros da Asociación de veciños de Rioseco foron recibidos pola Concelleira de Saúde e Servizos Sociais, Mª Teresa González Piñeiro, e pola Concelleira de Turismo e Desenvolvemento Local, Ana Mª Martínez.
Ao longo desta xornada, estiveron acompañados pola técnico de Turismo do Concello de Ribadeo, Begoña García López, quen ofreceu aos visitantes monfortinos as claves dos principais puntos de interés da vila mariñana.
A expedición visitou a Praia das Catedrais, declarada Monumento Natural e Lugar de Interés Comunitario (LIC), e que está a ser un dos lugares máis visitados de Galicia pola súa beleza e singularidade. A visita dos veciños e veciñas de Rioseco discurriu ademais polo centro de Ribadeo, onde puideron coñecer a arquitectura da contorna da Praza de España, centro neurálxico desta vila, así como o casco histórico, declarado Ben de Interés Cultural (BIC), e o barrio indiano de San Roque. •
Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO
A Asociación Veciñal do Saviñao solicitou á Deputación de Lugo a reparación de dúas estradas provinciais
A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No
Unha vintena de representantes dos diferentes concellos desde Ponferrada a Santiago reúnense en Chantada para impulsar
A Asociación Veciñal do Saviñao, representada pola súa Presidenta Celia Ferreiro Riazor, solicitou á Alcaldía un
A Asociación Cosmética Galega (ACG) comeza o seu camiño co impulso de vinte e dúas empresas