•A expedición que representou a Sarria este ano acaba de ser invitada de novo pola organización francesa para o torneo internacional de Guerlédan
• A Irmandade Sarria-Guerlédan anunciou que a organización do Torneo Internacional de Fútbol desta cidade vén de invitar a unha selección de fútbol infantil da comarca de Sarria para participar na vindeira edición, que terá lugar na localidade bretona os días 13 e 14 de xuño de 2015. Según explicou a presidenta da Irmandade, Elvira Vila, a invitación responde ao «bo comportamento tanto dos xogadores como dos acompañantes» na pasada edición, na que foron, xunto ao equipo de Sant Boi de Llobregat, os únicos representantes españois nun torneo con 128 equipos de todo o mundo. Vila explicou que a participación da selección sarriana dependerá en boa medida de que o Concello de Sarria confirme a súa colaboración.•