Avanzan os traballos da potabilizadora de Bóveda

A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e o alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, supervisaron os traballos de mellora da ETAP a comezos do mes de novembro.  GPDXL.
A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e o alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, supervisaron os traballos de mellora da ETAP a comezos do mes de novembro. GPDXL.

• Os traballos de mellora da Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) de Bóveda seguen en marcha, xa que recentemente quedou rematada toda a actuación de soterramento das canalizacións que parten do río Viloria, e que se estenden por preto de dous quilómetros. Esta nova captación de auga forma parte do proxecto global de mellora do abastecemento e tratamento de auga para o municipio de Bóveda. Según explicou o alcalde, José Manuel Arias, cando visitou a zona dos traballos o pasado 3 de novembro, a nova captación vai permitir unha subministración de auga con calidade axeitada durante os períodos de proliferación de cianobacterias no encoro de Vilasouto, e que este ano xerou graves problemas na calidade da auga. Ademais, o alcalde suliñou que esta novidade vai permitir atender a demanda do municipio en caso de corte do suministro procedente do encoro. Arias aludía tamén ás incidencias no servizo detectadas no mes de outubro, e que se deberon, según precisou o rexedor local, a unha nova conexión dende este encoro realizada pola Confederación Hidrográfica.
BOMBEO, FILTRACIÓN DA AUGA E AUTOMATIZACIÓN DO CONXUNTO DA PLANTA
Ademais, no marco destas obras xa foron instaladas as dúas bombas de 20 kw cada unha, coas que se impulsará a auga ata a potabilizadora. A planta de tratamento dará cabida tamén a unha nova liña de potabilización mediante filtración, para incrementar a capacidade da planta dende os 11 ata os 17 litros por segundo.
Dentro do proxecto de mellora da ETAP de Bóveda, está prevista a renovación de diversos elementos, que inclúen a impermeabilización e selado dos depósitos, a reparación dos contadores de distribución ás parroquias, e a mellora e ampliación do propio edificio.
Asimesmo, instalarase un novo cadro xeral de planta que permitirá un adecuado control e funcionamento do conxunto da estación, e automatízase de modo que o seu manexo sexa máis sinxelo e seguro.

“ESFORZO ECONÓMICO” DA XUNTA NO SUR DE LUGO
Na visita ás obras da ETAP de Bóveda participou a delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, quen lembrou que o Executivo autonómico investiu nestes traballos 573.594 euros, “un exemplo do esforzo económico co sur de Lugo por parte da Xunta de Galicia”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Máis información turística do románico de Sober

Seguinte Nova

O alumno do IES A Pinguela David Prieto López, medalla de prata no Campionato Galego de Formación Profesional Galicia Skills 2014

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: