Convenio institucional para financiar o Campus de Fútbol e a Carreira Popular de Monforte

•A Área de Deportes da Deputación e o Concello de Monforte asinaron un convenio polo que o organismo provincial achegará 11.400 euros para afrontar os gastos destes dous eventos deportivos •O Campus de Fútbol Cidade de Monforte e a Carreira Popular celebrados este ano reuniron a máis de 1.100 deportistas na cidade do Cabe

O deputado Mario Outeiro, en representación da Área de Deporte da Vicepresidencia primeira da Deputación, asinou o convenio co alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, o 7 de novembro.  GPVDL.
O deputado Mario Outeiro, en representación da Área de Deporte da Vicepresidencia primeira da Deputación, asinou o convenio co alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, o 7 de novembro. GPVDL.

• A Vicepresidencia Primera da Deputación de Lugo, a través do deputado Mario Outeiro, e o Concello de Monforte de Lemos, representado polo seu alcalde, Severino Rodríguez, asinaron o 7 de novembro un convenio de carácter excepcional para financiar dous eventos deportivos deste ano. Según este convenio, o organismo provincial aportará unha axuda de 11.400 ao concello monfortino para afrontar parte dos gastos derivados da sexta Carreira Popular Concello de Monforte, celebrada a finais do mes de marzo, e o oitavo Campus de Fútbol Cidade de Monforte, que tivo lugar a principios de agosto.

A Carreira Popular de Monforte consolídase comoo unha das citas máis importantes da provincia, con máis de 1.000 participantes na última edición.  Arquivo EC.
A Carreira Popular de Monforte consolídase comoo unha das citas máis importantes da provincia, con máis de 1.000 participantes na última edición. Arquivo EC.

FOMENTAR O DEPORTE SEN FRONTEIRAS MUNICIPAIS
Según explicou o responsable provincial, a Carreira Popular de Monforte non só veu cubrir as necesidades da veciñanza, senón que estivo aberta á participación de persoas dos municipios limítrofes, “tratando de dinamizar deste xeito deportivamente os concellos do seu carón”. Asimesmo, tanto a Carreira Popular como o Campus de Fútbol trataron de incrementar o índice de participación do colectivo feminino.

APOSTA DO CONCELLO DE MONFORTE POLO DEPORTE DE CARÁCTER POPULAR
Pola súa banda, o alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, suliñou o “esforzo” do seu equipo de Goberno “por apostar por eventos de carácter popular, eventos onde todo aquel que o desexe poida participar sen necesidade de estar federado”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Lugo acollerá o IV Torneo de Pádel a prol de UNICEF do 28 ao 30 de novembro

Seguinte Nova

CALZADOS VEIGA, CALZADOS GAYOSO, MONCHO MODA E COQUETO’S ZAPATERÍA REPARTIRON A SORTE NO SORTEO DA CAMPAÑA DE OUTONO DE ACES-SARRIA

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: