Critican que o HULA sexa o hospital galego que máis gastou na derivación a centros concertados

•Según os datos do último informe de fiscalización da conta xeral do Sergas, que rexistra un gasto de 4 millóns de euros no exercicio de 2012

Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA).  Arquivo EC
Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA). Arquivo EC

• A comezos de novembro, o voceiro socialista na Deputación de Lugo, Manuel Martínez, fixo unha valoración do último informe de fiscalización da conta xeral do Sergas, emitido polo Consello de Contas e referido ao exercicio de 2012, do que se desprende que o Hula foi o hospital galego que máis gastou na derivación a centros concertados, con 4 millóns de euros. “Os datos oficiais demostran que Lugo é a provincia galega que máis sofre as consecuencias da privatización da sanidade pública que está a levar a cabo o Goberno de Feijóo”, destacou Martínez.
O portavoz socialista criticou que “o PP preferiu gastar 4 millóns de euros en centros privados en vez de investir estes fondos públicos, que eran para a sanidade pública da nosa provincia, na dotación de servizos no Hula”. Martínez insistiu en que esta derivación de fondos estábase a producir “mentres 1.200 lucenses se ven obrigados a facer a chamada Ruta do Cancro para recibir tratamentos oncolóxicos na Coruña, porque Feijóo se nega a dotar a Lugo de dotacións imprescindibles, como Hemodinámica 24 horas, Radioterapia ou Medicina Nuclear”.
Neste sentido, o presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, aproveitou a súa comparecencia no Parlamento de Galicia durante a presentación dos Orzamentos Participativos 2015 “para denunciar a gravísima discriminación e inxustiza que comete o Goberno de Núñez Feijóo coa provincia de Lugo ao ter paralizados os servizos de Radioterapia, Medicina Nuclear e Hemodinámica as 24 horas no HULA”, ademais de manter bloqueada a redacción da ponencia sobre a Iniciativa Lexislativa Popular “que avalaron 41.095 persoas”. “Somos a única provincia galega que non conta cuns servizos polos que levamos xa case catro anos esperando”, criticou. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Xa se poden solicitar os cursos do II Pacto Provincial polo Emprego

Seguinte Nova

Os Orzamentos Participativos de 2015 destinan o 85% dos investimentos ás tres áreas consideradas prioritarias pola veciñanza

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: