•Prieto López competiu na modalidade de Informática
O alumno do ciclo superior de Administración de Sistemas Informáticos en Rede do IES A Pinguela de Monforte, David Prieto López, acadou a medalla de prata no III Campionato Galego de Formación Profesional Galicia Skills 2014. Prieto López recibiu este premio de mans do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez Abad, que felicitou ós alumnos, docentes e empresas colaboradoras, porque «a súa presenza e apoio poñen en valor a calidade do ensino e o atractivo das ensinanzas de FP que se imparte nos centros da nosa comunidade». Na imaxe, o alumno do IES A Pinguela David Prieto López, acompañado polo director do IES A Pinguela, Enrique Sampil; o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez Abad; e o profesor-titor de David para este proxecto, Javier Rodríguez Lorenzo. (Foto cedida).