O IES de Quiroga e o CPR Nosa Señora da Asunción de Sarria participan no programa “Recíclate con Sogama”

• A preocupación polo medio ambiente e a sensibilización dos máis novos pola sostibilidade está presente nas actividades formativas que van desenvolver este ano un total de 13 centros de Educación Secundaria de toda Galicia, a través do programa “Recíclate con Sogama”.

TRES CENTROS LUCENSES NESTE PROGRAMA
O IES de Quiroga e o CPR Nosa Señora da Asunción de Sarria participarán este curso na iniciativa promovida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, co obxectivo de fomentar a innovación educativa a través do desenvolvemento das competencias básicas e a educación en valores, promovendo a realización de proxectos interdisciplinares que teñan un alto potencial de transferibilidade. En Lugo, tamén participará nesta actividade o IES Lucus Augusti, da capital provincial.
Según explicaron dende a Consellería, para o desenvolvemento deste programa proporcionarase a cada centro unha illa de reciclaxe, integrada por tres contedores de 120 litros de capacidade. Cada un dos contenedores irá destinado a un tipo de lixo, según as características cores da reciclaxe, amarela, azul e verde. Destes xeito, propiciarase que a comunidade educativa poida separar os residuos producidos na escola e depositalos nos recipientes axeitados.
Os centros que dispoñan de servizo de comedor serán dotados cun composteiro para fabricar compost a partir da materia orgánica xerada, e obter abono natural con excelentes propiedades para o solo.
Por outra banda, Sogama, co apoio da Consellería de Medio Ambiente, despregará un programa formativo integrado por xogos, vídeos e material divulgativo coas claves para que escolares e docentes poidan participar nos proxectos que se desenvolvan nos centros, e conciencien tamén na súa contorna familiar e social máis inmediata.
A fin de avaliar a acollida do programa, Sogama realizará inspeccións periódicas cun seguimento do traballo aportado e desenvolvido por cada centro.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

CALZADOS VEIGA, CALZADOS GAYOSO, MONCHO MODA E COQUETO’S ZAPATERÍA REPARTIRON A SORTE NO SORTEO DA CAMPAÑA DE OUTONO DE ACES-SARRIA

Seguinte Nova

O IES Lama das Quendas participou no V Día da Ciencia en Galego cunha videoconferencia

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: