O IES Lama das Quendas participou no V Día da Ciencia en Galego cunha videoconferencia

77 centros de toda Galicia sumáronse á iniciativa

• O 5 de novembro celebrouse o V Día da Ciencia en Galego, unha iniciativa promovida pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística. A esta iniciativa sumouse o IES Lama das Quendas, de Chantada, xunto con outros 76 centros de Secundaria de toda Galicia. Destacados investigadores das universidades galegas achegaron temáticas de interés curricular nas áreas de ciencias e física ao alumnado de 1º de Bacharelato, que puido realizar comentarios ou emitir preguntas aos investigadores a través dun chat habilitado para este evento.
Ademais, e dentro da programación extraescolar do IES Lama das Quendas, celebrouse o día 10 unha charla sobre novas tecnoloxías, dentro do Plan Director para a Convivencia e a mellora da Seguridade Escolar. A charla estivo dirixida ao alumnado e a toda a comunidade educativa.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O IES de Quiroga e o CPR Nosa Señora da Asunción de Sarria participan no programa “Recíclate con Sogama”

Seguinte Nova

A Asociación de Veciños de Rioseco realizou unha viaxe cultural a Ribadeo

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss