O Samaín, protagonista das celebracións no sur lucense

Decoración de cabazas e sesión de contos de medo no Samaín en Monforte

obradoiro samain monforte1

Para celebrar o Samaín, a Concellería de Cultura e Educación de Monforte organizou na Casa da Cultura un obradoiro destinado aos máis novos, no que puideron disfrutar decorando cabazas, e participando nunha sesión de contos de medo. (Foto cedida).

 

 

 

 

Cabazas vixías no Samaín de Sarria

cabaza samain ies xograr afonso gomez

• Xa que o Samaín é un día de festa e medo, as características cabazas funcionaron como vixías nesa noite tan especial, como así se puido comprobar ás portas do IES Xograr Afonso Gómez, en Sarria. Unha terrorífica cucurbitácea saudounos dende a súa atalaia. EC

 

 

Samaín para todos en Bóveda

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

• Creatividade, bo humor e espíritu veciñal foron as claves do éxito da festa do Samaín celebrada no Centro Sociocultural de Bóveda. Preto de 100 persoas disfrutaron dunha xornada de xogos populares, disfraces e merenda característica desta celebración.
Veciñas do concello elaboraron doces para esta festa, na que tamén se deu boa conta das castañas. Os nenos fixeron disfraces, manualidades e maquillaxes de Samaín, e na celebración participou un grupo de persoas da Residencia de Bóveda, que sorprenderon cos seus disfraces de zombies nunha divertida xornada.•

 

 

Os máis cativos de Sober achegáronse á tradición do Samaín

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Os máis novos de Sober disfrutaron dunha festa de Samaín na Gardería Municipal. Nais e pais, entre os que se atopaba o rexedor soberino, Luis Fernández Guitián, acompañaron aos seus fillos e fillas nesta singular cita do calendario de celebracións deste centro educativo. (Fotos cedidas).

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Ata o 25 de novembro para solicitar un compostador no Concello de Monforte

Seguinte Nova

Sober disfruta da “Música no Outono” en novembro e decembro

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: