•Ademais, a sarriana Ana López Gallego acadou a sexta posición na categoría alevín feminino
• O tiro olímpico sarrián está de noraboa, logo dos éxitos acadados por dous xoves deportistas locais no Campionato de España de Jóvenes Promesas, celebrado na localidade barcelonesa de Mollet del Vallès do 31 de outubro ao 2 de novembro.
ÉXITOS DO TIRO OLÍMPICO ALEVÍN
Nesta competición nacional, proclamouse campión na categoría alevín masculino o mozo sarrián Javier Díaz Jara, que completou a proba con 174 puntos na modalidade de pistola aire.
O éxito do deporte sarrián completouse co importante sexto posto conseguido pola moza Ana López Gallego na categoría alevín feminino, xa que rematou a competición cun total de 164 puntos, tamén na modalidade de pistola aire.
RECEPCIÓN NO CONCELLO
Os xoves deportista recibiron un recoñecemento polos seus logros deportivos de mans do alcalde de Sarria, José Antonio García, e do concelleiro de Deportes, Manuel Sangil.•