Quiroga entregou a Medalla de Ouro a Manoel Carrete Rivera

•O acto contou coa presencia do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria •Carrete Rivera é o presidente do Centro Galego de Barcelona

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

• O 8 de novembro, o Salón de Plenos do Concello de Quiroga encheuse de público e autoridades durante a ceremonia de entrega da Medalla de Ouro de Quiroga a Manoel Carrete Rivera. A Corporación local quiroguesa acordou a finais de outubro a concesión desta distinción ao xove presidente do Centro Galego de Barcelona polos seus singulares méritos en prol do municipio de Quiroga. Esta decisión recollía o apoio unánime de diversas institucións galegas e catalanas, así como de escritores, catedráticos e particulares, para recoñecer o traballo de Carrete Rivera.
Fillo de quirogueses, o xove avogado Manoel Carrete Rivera desenvolve unha intensa actividade cultural vinculada a Galicia. Autor de cinco libros, recibiu o primeiro premio da FEGALCAT na modalidade de investigación, e está a traballar na súa tese doctoral sobre a diáspora galega en Cataluña a principios do século XX. A nivel institucional, Manoel Carrete Rivera preside o Centro Galego de Barcelona, a segunda entidade máis antiga da diáspora galega, e o Centro Galego-Casas de Galicia de Barcelona e provincia, ademais de secretario da Federación de Entidades Galegas de Cataluña (FEGALCAT).
O acto contou coa presencia do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez Abad, cualificou a Manoel Carrete Rivera de “admirable pola súa bonhomía e curiosidade intelectual no que a galeguidade prendeu un bo día para que agromasen nel froitos prodixiosos dos que foi e é beneficiaria a comunidade galega en Cataluña”. Ademais, o titular de Cultura gabou o esforzo de Carrete Rivera “por seguir traballando de cara o futuro con empeño e sabedoría no labor de enriquecer e prestixiar en Cataluña a cultura e a lingua do noso”.
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu á celebración en Quiroga, ademais de persoeiros do mundo da cultura como o director da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense, o presentador José Manuel Piñeiro, e a cantante de fados María do Ceo, que emocionou ata as bágoas ao homenaxeado e aos público asistente cunha sentida interpretación.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O eurodeputado e exministro José Blanco falou sobre as relacións Galicia – Europa no Círculo Saviñao

Seguinte Nova

Xa se poden solicitar os cursos do II Pacto Provincial polo Emprego

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss