Todo listo para a VII Ruta 4×4 Comarca de Sarria

• Os días 21, 22 e 23 de novembro, as terras sarrianas acollerán, por sétimo ano consecutivo, unha nova edición da Ruta 4×4 Comarca de Sarria.
A proba comezará o venres 21 ás nove da noite, cunha sesión de pinchosde benvida para os participantes no Meigallo, e unha hora máis tarde desenvolverase unha ruta nocturna polos arredores da vila xacobea.

RUTA ATA TRIACASTELA, E CEA DE CONFRATERNIDADE NO ALFONSO IX
Xa o sábado 22, a expedición partirá do Parque do Chanto as oito e media, tendo como referencia de chegada a vila de Triacastela para o xantar, en torno ás tres da tarde. O itinerario do día terá punto e final no Parque do Chanto, sobre as sete da tarde. Para que a xornada sexa completa, haberá unha cea de confraternidade no restaurante Alfonso IX ás nove e media da noite.
O domingo iniciarase cun almorzo no Parque do Chanto ás dez, para continuar cunha sesión de trial no novo circuíto do polígono de Morelle dende as once da mañá. A Ruta 4×4 Comarca de Sarria rematará cun xantar no Chanto ao mediodía.
As inscricións poderán realizarse ata o luns 17 de novembro, non aceptándose inscricións o mesmo día da proba.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A participación do fútbol base sarrián en Bretaña, pendente da decisión municipal

Seguinte Nova

O sarrián Javier Díaz Jara proclamouse Campión de España de Tiro Olímpico

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: