Xa se poden solicitar os cursos do II Pacto Provincial polo Emprego

•Os interesados deberán realizar a inscrición na oficina que lle corresponda do Servicio Público de Emprego

O presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, e a vicepresidenta segunda, Lara Méndez, durante a presentación do II Pacto Provincial polo Emprego. GPDL
O presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, e a vicepresidenta segunda, Lara Méndez, durante a presentación do II Pacto Provincial polo Emprego. GPDL

• Dende comezos deste mes de novembro está aberto o prazo de solicitude dos cursos do II Pacto Provincial polo Emprego, unha iniciativa da Deputación de Lugo que ofrece 67 cursos con formación teórico-prática remunerada a 1.005 desempregados lucenses, para facilitar a súa inserción laboral nas áreas con máis demanda no mercado de traballo na nosa provincia.

ESTAR INSCRITO NAS OFICINAS DE EMPREGO, E PRIORIDADE PARA COLECTIVOS CON ESPECIAIS DIFICULTADES
Según explicaron os responsables provinciais, os solicitantes destes cursos terán que estar inscritos como demandantes de emprego nas oficinas do Servizo Público de Emprego, antes denominadas Servizo Galego de Colocación. A selección dos candidatos terá en especial consideración, tal e como recollen as bases desta convocatoria, aos colectivos con máis dificultades. Así, consideraranse prioritarios os demandantes que estean nalgunha destas situacións: menores de 30 anos e maiores de 45; desempregados de longa duración; persoas con diversidades funcionais; vítimas de maltrato; persoas en proceso de rehabilitación ou reinserción social; as pertencentes a minorías étnicas; os inmigrantes; mozos que non superaran a ensinanza obrigatoria; coidadores non profesionais que atenden a dependentes; e outros colectivos en risco de exclusión social.

Imaxe de arquivo dunha das actuacións formativas da primeira edición do Pacto Provincial polo Emprego desenvolvida en Monforte.  Arquivo EC
Imaxe de arquivo dunha das actuacións formativas da primeira edición do Pacto Provincial polo Emprego desenvolvida en Monforte. Arquivo EC

ACCIÓNS FORMATIVAS NOS SECTORES CON MÁIS SAÍDA NA PROVINCIA
Logo da Xunta de Goberno do 30 de outubro, na que se aprobaron as bases do II Pacto Provincial polo Emprego, os responsables provinciais explicaron que os 67 cursos que ofrece este programa suman máis de 8.300 horas de formación, nas áreas con maior demanda no mercado laboral da provincia.
A atención sociosanitaria ocupa boa parte dos cursos, xa que 19 das accións formativas van destinadas á atención a persoas no domicilio, con 640 horas lectivas por curso, e outras 19 accións adícanse á atención a persoas dependentes en institucións sociais, con 490 horas por curso.
Pola súa banda, o II Pacto Provincial polo Emprego inclúe nove cursos de asesoramento na función xerencial e no autoemprego, con 180 horas cada curso.
Asimesmo, os seis cursos de operacións básicas de cociña contarán con 420 horas por acción formativa. Haberá tamén seis cursos de limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais, con 270 horas por curso, e cinco cursos de operacións básicas de restaurante e bar, con 360 horas en cada acción formativa.
Por último, o II Pacto Provincial polo Emprego inclúe tres cursos de técnico de transporte sanitario, con 425 horas lectivas cada un.

CURSOS REMUNERADOS E FORMACIÓN TEÓRICO-PRÁTICA EN EMPRESAS
Os cursos do II Pacto Provincial polo Emprego ofrecen formación teórica e prática en empresas e asociacións da provincia, en cuxos contratos de adxudicación de servizos a Deputación aplicou as cláusulas sociais. Ademais, todas elas ofrecerán aos beneficiarios titorías individuais sobre habilidades sociais para mellorar a empregabilidade, como a preparación dunha entrevista de traballo, elaboración dun currículo ou a posta en marcha dunha empresa, entre outros aspectos.
Os participantes recibirán unha remuneración económica duns 400 euros mensuais durante todo o periodo formativo. Esta axuda é compatible coa prestación por desemprego ou calquer axuda pública, sempre que o total mensual non supere o 75% do IPREM.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Quiroga entregou a Medalla de Ouro a Manoel Carrete Rivera

Seguinte Nova

Critican que o HULA sexa o hospital galego que máis gastou na derivación a centros concertados

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: