A Asociación de Veciños de Rioseco organiza unha recollida solidaria de alimentos

Dende este colectivo veciñal de Monforte, comunicaron a posta en marcha desta iniciativa solidaria logo de ter constatado “a necesidade que están a padecer moitas familias da nosa cidade por mor da actual crise económica”. Os responsables deste colectivo suliñaron que “esta situación inaceptable precisa da axuda de todos nós, veciños e veciñas de Monforte”. A Asociación de Veciños fai un chamamento á cidadanía de Monforte para colaborar nesta recollida solidaria de alimentos. Todas as persoas que queiran facer aportacións poden entregar os lotes de alimentos no local social da Asociación de Veciños de Rioseco, ata final de ano. O colectivo veciñal informou que de todos os alimentos que se recollan serán entregados a Cáritas Monforte, para que se encargue da súa distribución.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Chantada acolleu unha xornada sobre o sector da agricultura ecolóxica

Seguinte Nova

Magosto con gaiteiros e confraternidade en Fontao

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: