A Consellería convocou este ano máis de 1.000 prazas de estadías lingüísticas en inglés para o alumnado

No Centro de Excelencia de Os Peares

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez Abad, durante a visita ao Centro de Excelencia para a Formación en Inglés de Os Peares. GPCCE.
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez Abad, durante a visita ao Centro de Excelencia para a Formación en Inglés de Os Peares. GPCCE.

• O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, visitou o día 18 ás alumnas e alumnos que están a participar nas estadías lingüísticas para a mellora das competencias en lingua inglesa no Centro de Excelencia para a Formación en Inglés nos Peares. Estas actividades están incluídas nunha das liñas de actuación do Plan de Potenciación das Linguas Estranxeiras. O Centro de Os Peares acollerá este outono a preto de 400 estudantes, en estadías totalmente gratuítas, que se suman á programación organizada no verán. En total, foron máis de 1.000 as prazas que a Consellería convocou este ano para avanzar na mellora da cualificación en linguas estranxeiras da mocidade galega.
As estadías no Centro de Os Peares están dirixidas ao alumnado de 6º de Primaria e de todos os cursos da E.S.O., dun total de 18 centros educativos de toda Galicia. Os responsables da Consellería explicaron que a convocatoria de outuno foi “todo un éxito”, xa que contou coa participación de preto de 130 centros educativos.
O conselleiro destacou a importancia deste tipo de iniciativas no desenvolvemento especialmente da competencia oral, achegándolles aos rapaces a lingua inglesa a través dunha serie de actividades que o alumnado percibe dunha forma atractiva como complemento ás leccións que se lles imparten nas aulas. O obxectivo do programa é conseguir unha experiencia de comunicación en inglés nun contexto que combina a aprendizaxe do idioma con actividades culturais como a música ou a arte.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Aposta pola vangarda tecnolóxica no proxecto “Mellor Monforte en 3D”

Seguinte Nova

Dous profesores do IES Daviña Rei, Premios Nacionais de Educación en proxectos de colaboración docente

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: