Próximas actuacións provinciais na comarca de Sarria
• A comarca de Sarria contará con novas actuacións provinciais no mantemento dos viais rurais, que nesta ocasión se van concentrar no término municipal de Paradela. A Deputación de Lugo anunciou unha achega de 96.000 euros, procedentes do canon, que se destinarán a traballos de acondicionamento dos accesos a varios núcleos rurais deste municipio.
OS TRABALLOS DE ACONDICIONAMENTO COMEZARÁN “DE XEITO INMEDIATO”
Según precisou o voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, estas actuacións poranse en marcha “de xeito inmediato”. Martínez explicou que a Xunta de Goberno do organismo provincial xa aprobou a mediados de novembro o plan de seguridade e saúde no traballo, último trámite legal para poder iniciar as obras.
UN TOTAL DE DEZ NÚCLEOS RURAIS TERÁN MELLORADOS OS SEUS ACCESOS
Según explicaron os responsables provinciais, os traballos de mellora realizaranse nos accesos aos núcleos de Sesmonde, na parroquia de A Laxe, Riocabo da Cima, na parroquia de Santa Cristina, Villalbite e San Martín. Asimesmo, tamén se vai arranxar os accesos a Cortes ata o cruce de Pacios. Na parroquia de Castro de Rei de Lemos, serán obxecto de melloras os accesos de Bacorelle-Vilachá, e Cerxedo-Zouro-Matanza. Dende a Deputación precisaron que a localización características dos traballos que se van acometer foron acordados co alcalde deste municipio, atendendo ás demandas realizadas pola veciñanza.
SALDAR A DÉBEDA DO CANON EN PARADELA
Por outra banda, Manuel Martínez explicou que estas actuacións van ser financiadas con cargo ao canon hidroeléctrico, por un importe de 96.000 euros. O organismo provincial xa financiara deste xeito diversas actuacións no municipio de Paradela por importe de 265.600 euros, en obras que xa están executadas. Con estas actuacións, a institución provincial está a saldar a débeda do canon en Paradela.•
•Novas melloras na rede de estradas provincial
• A Xunta de Goberno da Deputación aprobou o pasado 21 de novembro a contratación das obras de mellora na estrada LU-P-0707, de Armesto por Torés ás Nogais, por importe de 510.700 euros. Según precisaron os responsables da institución provincial, os traballos abranguen un total de 5,5 quilómetros, e consistirán na mellora do trazado do firme, acondicionamento de curvas e incremento do ancho, que suporán pasar dos 4,30 metros actuais aos 7,20 metros. Este vial rexistra un gran volume de usuarios, xa que sirve de acceso dende Becerreá e As Nogais á A-6 e a Sarria.
AS ACTUACIÓNS EN VIAIS NO RURAL, UNHA DAS GRANDES DEMANDAS DA VECIÑANZA
O mantemento da rede de comunicacións no eido rural lucense responde a unha das grandes demandas dos veciños e veciñas da nosa provincia. As melloras en accesos aos núcleos rurais, e o arranxo de pistas e camiños supuxeron máis da metade de todas as actuacións incluídas no Plan de Obras e Servizos (POS) de 2014. Asimesmo, preto do 40% das obras solicitadas pola veciñanza e que foron aprobadas dentro do Plan de Comunidades Veciñais de 2013 corresponderon ao acondicionamento de vías e accesos rurais.
Nesta mesma liña de mellora das condicións de vida no eido rural lucense, a Deputación de Lugo aportará ao Plan Estratéxico de Infraestruturas do Medio Rural (PEIM), destinado ao arranxo de vías de titularidade municipal, un total de 742.000 euros en dúas anualidades, o que supón un 10,1% do total do financiamento deste programa, ao que a Xunta achegará o 2,05%•