Ata o 9 de decembro para presentar traballos ao I Concurso Postal do Nadal Dixital

Para escolares lucenses entre 4 e 14 anos

O vicepresidente da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, e o delegado de Cultura do organismo provincial, Mario Outeiro, na presentación do I Concurso Postal do Nadal Dixital. GPVDL
O vicepresidente da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, e o delegado de Cultura do organismo provincial, Mario Outeiro, na presentación do I Concurso Postal do Nadal Dixital. GPVDL

• Co obxectivo de fomentar a participación, os valores de convivencia e a expresión artísticas das nosas tradicións, cultura e deporte, a Vicepresidencia da Deputación de Lugo puxo en marcha este mes o I Concurso Postal de Nadal Dixital, destinado aos escolares lucenses de entre 4 e 14 anos.

POSTAIS INSPIRADAS NA NOSA CULTURA, DEPORTE OU BENESTAR
“Convidámolos a que elaboren unha postal do Nadal utilizando as novas tecnoloxías”, explicou o delegado de Cultura do organismo provincial, Mario Outeiro, quen precisou a temática dos traballos que se poden presentar a este concurso. “Calquera idea que se lles ocorra será ben recibida, sempre e cando estea relacionada coas distintas áreas que forman a Vicepresidencia Primeira”, indicou Outeiro, en referencia á cultura, o turismo, o deporte ou o benestar.

FORMATO DIXITAL E EN GALEGO
As bases do concurso especifican que o contido do debuxo deberá ser orixinal e inédito, de técnica libre e en formato dixital, con ou sen animación, cun tamaño máximo de 1 Mb, e o idioma empregado será o galego. Os traballos deberán presentarse antes do 9 de decembro ás 14 horas. Dado que a convocatoria está dirixida a escolares, os centros que participen designarán un titor para subir as postais elaboradas á web www.v1deputacionlugo.org, a través do banner do I Concurso Postal de Nadal Dixital. Asimesmo, a persoa encargada de presentar os traballos telemáticamente deberá indicar todos os datos que se solicitan no formulario que acompañará ao envío. Logo do fallo do xurado, a organización requerirá aos centros os datos persoais de cada participante.

TRES CATEGORÍAS SEGÚN IDADE DOS PARTICIPANTES
Todos os traballos presentados serán expostos na devandita páxina web dende o día 18 ao 22 de decembro. As creacións valoraranse en tres categorías, según a idade dos participantes. Na categoría de 4 a 6 anos, o gañador recibirá un xogo didáctico, un pendrive, un lote de libros, un suadoiro, lapiseiros de cores e material divulgativo, mentres que o segundo mellor traballo premiarase cun pendrive, un lote de libros e lapiseiros de cores, e o terceiro cun pendrive e lapiseiros de cores.
A segunda categoría, de 7 a 9 anos, agasallará a mellor postal cun pendrive, un lote de libros, un suadoiro e material divulgativo, e a segunda premiada levará un pendrive, suadoiro e material divulgativo da Vicepresidencia primeira da Deputación de Lugo. O terceiro gañador recibirá un pendrive e material divulgativo.
Para a categoría de 10 a 14 anos, o primeiro premio será un pendrive, un lote de libros, un suadoiro e material divulgativo, mentres que o segundo consistirá nun pendrive, un lote de libros e material divulgativo. O terceiro premiado recibirá un pendrive e material divulgativo.

O TRABALLO QUE RECIBA O PREMIO ESPECIAL CONVERTIRASE NA POSTAL OFICIAL DE NADAL DA VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA DA DEPUTACIÓN
A mellor postal do Nadal recibirá un premio especial, incompatible con ningún outro premio na categoría á que pertenza, e que premiará tanto ao autor como a todos os seus compañeiros de curso. O premiado será obsequiado cunha tablet de última xeración, un pendrive, un suadoiro e material divulgativo.
A maiores, os compañeiros do mesmo curso e centro, incluíndo todas as clases que pertenzan ao curso do gañador, serán agasallados cunha viaxe cultural pola provincia de Lugo, con todos os gastos pagados, que inclúen transporte, almorzo, actividades, entre outros conceptos.
Ademais, a postal gañadora será a tarxeta coa que a Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo felicitará estas festas do Nadal.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O equipo de Goberno municipal de Monforte presentou a proposta de orzamentos para 2015

Seguinte Nova

O grupo Augas do Sil animou a programación teatral en Escairón

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: