•O sábado 6 de decembro, un total de 16 comercios e os anticuarios da rúa do Porvir abrirán os seus postos na Praza da Vila •Os visitantes terán unha boa ocasión para adiantar as compras do Nadal
• O sábado 6 de decembro desenvolverase na Praza da Vila o Mercadillo de Nadal, unha iniciativa do Concello de Sarria para reactivar o comercio minorista e dinamizar a actividade local. Un total de 16 comercios de Sarria participan neste Mercadillo, ademais dos anticuarios da vila xacobea.
MÁIS TENDAS PARTICIPANTES
Según explicaron dende o Concello, o éxito acadado o ano pasado animou aos responsables municipais a repetir este evento cunha fórmula similar, á que se sumaron aínda máis establecementos. Os visitantes poderán adiantar as súas compras de Nadal neste Mercadillo, dentro das diversas propostas que van ofrecer para este evento os comerciantes sarriáns. Zapato, roupa, tecidos, fror e pranta, produtos delicatessen, decoración e menaxe de fogar son algunhas das opcións que se poderán ver e adquirir no Mercadillo de Sarria, ademais de materiais destinados ao lecer, como xoguetes, libros ou complementos para o deporte. “Trátase de que os consumidores teñan no Mercadillo unha mostra significativa do que podemos atopar comprando no comercio local de Sarria”, suliñaron os responsables municipais. Os comercios participantes son Moncho Moda, Sarillo, Cores Cores, Mic Sport, Zaida, Calzados Gayoso, Calzados Chabel, Soños, Azafrán Delicatessen, Oliver’s, Duet Moda, Juguetería 1, 2, 3 Escondite Inglés, Santamarta, Floristería Esther, Porvir 39, Carmen Rodríguez, Antigüedades Echevarría, Lola Ribeira, Casa Peltre, Manuel Calzada, O Recanto de Julito, e Olguita.
SORPRESAS PARA OS CLIENTES DO MERCADILLO DE NADAL EN SARRIA
Para que a xornada de compras sexa aínda máis agradable, durante a celebración do Mercadillo de Nadal os organizadores van sorprender aos visitantes con diversas actividades. Entre as sorpresas, a visita de Papá Noel e o sorteo dunha estancia dunha noite nun establecemento hoteleiro, por cortesía dos comercios participantes.•