Celebrada a I Cata Concurso Ribeira Sacra Patrimonio da Humanidade

•Participaron 110 viños de 54 adegas da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, que poden atoparse na tenda do Centro do Viño de Monforte •O xurado estivo composto por unha vintena de profesionais da enoloxía, xornalistas e un membro do panel de cata do Consello Regulador

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

• Seguindo coa súa filosofía de promoción da cultura e do patrimonio enolóxico da Ribeira Sacra, o Centro do Viño de Monforte organizou a I Cata Concurso Ribeira Sacra Patrimonio da Humanidade, en colaboración coa Asociación Galega de Enoloxía. Esta iniciativa, que se desenvolveu os días 21 e 22 de novembro, serviu de exame final á añada do 2013, aínda que as catas acostuman realizarse no primeiro semestre do ano para coñecer o que nos ofrece o viño novo. Nesta ocasión, a proximidade do Nadal considerouse unha excelente oportunidade para poñer a atención sobre os viños que xa están en tenda, valorando as súas particularidades e lembrando aos consumidores o que xa comprobou o presidente Obama por segundo ano consecutivo no Día da Hispanidade: que os caldos da Ribeira Sacra son a clave dunha existosa celebración.

36 VIÑOS FINALISTAS DA I CATA CONCURSO RIBEIRA SACRA
Esta I Cata Concurso estivo centrada nas 170 referencias de viños da Denominación de Orixe Ribeira Sacra que están á venda na tenda do Centro do Viño de Monforte. A organización deixou aos adegueiros a opción de presentar os seus viños a concurso, que finalmente contou con 110 caldos procedentes de 54 adegas. Concursaron un total de 86 tintos e 24 brancos, e houbo espazo para os viños de barrica, nos que se presentaron 33 tintos e 6 brancos. Durante a primeira xornada de cata, que tivo lugar o venres 21 de novembro, unha vintena de profesionais da enoloxía, xornalistas e un membro do panel de cata do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra someteron a exame aos viños participantes, e o filtro deste xurado destacou a 24 tintos, incluíndo 10 de barrica, e 12 brancos, dentro dos que se contan seis viños de barrica.

APOIO Á CANDIDATURA A PATRIMONIO DA HUMANIDADE
A I Cata Concurso Ribeira Sacra Patrimonio da Humanidade tivo lugar o sábado 22, e para cumplir co obxectivo de apoiar a candidatura desta zona ao recoñecemento oficial da Unesco, o Centro do Viño acolleu a emisión en directo do programa da Radio Galega “Coñecer Galicia”, conducido por Isabel Freire, e que adicou a totalidade deste espazo sobre viaxes e opcións de ocio á Ribeira Sacra. En paralelo, a cata de viños afrontaba a fase final, que culminou cara ó mediodía co anuncio dos viños gañadores. Dentro da categoría de tintos 2013, os premios Gran Patrimonio Ribeira Sacra corresponderon a Regina Viarum e Viña Cazoga, e os Patrimonio Ribeira Sacra concedéronse a Adega Ferreiro, Casa Noguedo, Cruceiro e Finca Cuarta. Na categoría de brancos 2013, o premio Gran Patrimonio Ribeira Sacra foi para Peza do Rei, e os premios Patrimonio Ribeira Sacra corresponderon a Algueira Cortezada, Don Ramón e Viña Garoña. En canto aos tintos de barrica e outras añadas, os galardóns Gran Patrimonio Ribeira Sacra recaeron en Finca Cuarta e Peza do Rei, mentres que os Patrimonio Ribeira Sacra foron para Bancales Olvidados de Ponte da Boga, Don Bernardino e Guímaro-Meixemán. Os brancos de barrica e outras añadas premiados foron Via Romana 2012, co Gran Patrimonio Ribeira Sacra, e os viños Barbado e Finca Cuarta, recoñecidos co premio Patrimonio Ribeira Sacra. Os trofeos, deseñados por Humberto Loureiro, foron entregados o 29 de novembro.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A veciñanza de A Pobra do Brollón esixe o mantemento da atención sanitaria do rural lucense

Seguinte Nova

Animación e variedade no Mercadillo de Nadal de Sarria

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

   
A %d blogueros les gusta esto: