Melloras no Edificio Sociocultural de Ferreira

•Os traballos financiaranse a través dun convenio entre a Deputación e o Concello de Pantón, por importe de 6.000 euros •Ademais de servizos municipais, este centro acolle unha ampla programación cultural e lúdica durante todo o ano

O delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, Mario Outeiro, e o alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, na sinatura do convenio para o arranxo do Edificio Sociocultural de Ferreira. GPVDL
O delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, Mario Outeiro, e o alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, na sinatura do convenio para o arranxo do Edificio Sociocultural de Ferreira. GPVDL

• A mediados de novembro, quedou asinado un convenio entre a Área de Cultura da Deputación de Lugo e o Concello de Pantón, para financiar o arranxo do Edificio Sociocultural de Ferreira. Durante a sinatura deste convenio, o delegado de Cultura do organismo provincial, Mario Outeiro, e o alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, explicaron o detalle destas melloras, para as que a Deputación aporta 6.000 euros.

EN RESPOSTA Á SOLICITUDE MUNICIPAL DE ARRANXO DO EDIFICIO
Os traballos suporán o arranxo do falso teito do baixo do Edificio Sociocultural, según se solicitara dende o Servizo de Arquitectura do Concello de Pantón. No informe enviado ao organismo provincial, o servizo municipal xustificaba esta solicitude «pola situación na que se atopa actualmente o baixo do Edificio Sociocultural e tendo en conta o perigo que supón os restos do falso teito existente anteriormente». En concreto, o informe solicitaba «a adecuación do falso teito mediante o proxectado de espuma, pintado e protección de tubaxes», e que finalmente levaranse a cabo con cargo á subvención provincial.

O Edificio Sociocultural de Ferreira concentra diversos servizos públicos, e sirve de espazo para un amplo programa de actividades culturales, lúdicas e sociais ao longo de todo o ano.  Arquivo  EC.
O Edificio Sociocultural de Ferreira concentra diversos servizos públicos, e sirve de espazo para un amplo programa de actividades culturales, lúdicas e sociais ao longo de todo o ano.
Arquivo EC.

CENTRO DA ACTIVIDADE SOCIOCULTURAL DE TODO O MUNICIPIO
Según explicou o delegado de Cultura da Deputación, o Centro Sociocultural de Ferreira aglutina as actividades sociais e culturais dun municipio integrado por 26 parroquias diseminadas en 146 quilómetros cadrados. Outeiro destacou que «esta diseminación fai complicado realizar este tipo de actividades en cada núcleo poboacional», polo que estas se concentran no edificio situado na capitalidade.

AULA DE INFORMÁTICA, ESPAZO DE FORMACIÓN, SALA DE EXPOSICIÓNS E CENTRO PARA AS ACTIVIDADES DOS MÁIS NOVOS
O Centro Sociocultural de Ferreira de Pantón localiza boa parte da oferta de ocio e cultura da contorna. Nas súas instalacións desenvólvense sesións formativas e cursos, a través da aula de internet, dotada de equipos informáticos e internet gratuíta. Asimesmo, no segundo andar teñen lugar periódicamente diversas exposicións de pintura e fotografía, como as recentes mostras integradas no Outono Fotográfico, que tivo en Ferreira unha das tres sedes expositivas do sur de Lugo, xunto con Monforte e Chantada.
As posibilidades de dinamización sociocultural do edificio da Praza do Concello inclúen tamén a realización de actividades para os máis novos durante todo o ano, con obradoiros temáticos e celebracións das festividades máis destacadas ao longo do ano.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Ata o 22 de decembro para presentar traballos ao Certame de Poesía Infantil Nadal 2014 en Pantón

Seguinte Nova

Calidade e variedade no II Mercadillo de Nadal de Sarria

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: