O Chantada Karate Club, no podio do Campionato Galego

 

Un dos podios do Campionato Galego de Karate con presencia do Chantada Karate Club, o pasado mes de outubro.  (Foto cedida).
Un dos podios do Campionato Galego de Karate con presencia do Chantada Karate Club, o pasado mes de outubro. (Foto cedida).

• A mediados de outubro tivo lugar en Ferrol o Campionato Galego de Karate nas categorías cadete, junior e sub-21. O Chantada Karate Club acudiu cun nutrido plantel de karatekas, composto por Estefanía Rodríguez e Uxía Vázquez, en cadete feminina; Aarón Rodríguez, en junior masculino; e Alba Pérez, en sub-21 feminino. O clube chantadino fixo un moi bo papel nesta competición, ao acadar a plata con Estefanía Rodríguez, e o bronce con Alba Pérez. Con estes resultados, as chantadinas tiveron opción de participar na preselección para o campionato nacional.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Campionato Galego de Billar a tres bandas celebrado en Chantada rematou con victoria local

Seguinte Nova

O Pleno provincial aprobou os primeiros Orzamentos baseados na opinión da veciñanza

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir aInicio

Don't Miss