O equipo de Goberno municipal de Monforte presentou a proposta de orzamentos para 2015

•O proxecto inclúe máis de 11 millóns de euros para o vindeiro ano •Case o 24% está destinado ao gasto social •Medra o capítulo para investimentos •As taxas e impostos seguen conxelados, por terceiro ano consecutivo

A proposta de orzamentos de Monforte para 2015 prima o gasto social. (Arquivo EC).
A proposta de orzamentos de Monforte para 2015 prima o gasto social. (Arquivo EC).

• O pasado 21 de novembro, o alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, e a concelleira de Facenda e primeira tenente de alcalde, Mª Xosé Vega, presentaron aos voceiros da Corporación local a proposta de orzamentos para 2015.

INCREMENTO DO 9,90% RESPECTO ÁS CONTAS PARA 2014
Según explicaron os responsables municipais, a cifra que manexan neste proxecto orzamentario supera os 11 millóns de euros, o que supón un incremento do 9,90% respecto ao orzamento prorrogado para 2014, e un 6,14% máis que o presuposto inicial de 2013. As contas que elaborou o equipo de Goberno local estiman un investimento medio por habitante de 591,42 euros, e de 39,33 euros en inversións por habitante.
As contas que presentou o Goberno local para o vindeiro ano inclúen un total de 11.532.830,50 euros, nun proxecto “equilibrado, realista, austero e social”, según explicou o alcalde de Monforte. Severino Rodríguez suliñou que estes presupostos foron elaborados “tendo en conta a situación de crise actual e pensando nos veciños e veciñas de Monforte”.

PRETO DE 3 MILLÓNS DE EUROS “AO DESENVOLVEMENTO DE POLÍTICAS PARA AS PERSOAS”
Os responsables municipais explicaron que a maior partida deste proxecto corresponde ao gasto social, con preto de 3 millóns de euros destinados “ao desenvolvemento de políticas para as persoas”. Por unha banda, os servizos sociais contarán cun orzamento de 1.333.000 euros, dos que 846.000 van cubrir o servizo de axuda no fogar, o que supón un aumento de 100.000 euros no importe destinado a este servizo. Asimesmo, auméntase en 1.000 o número de horas de asistencia aos usuarios, co que pasarán a prestarse 60.600 horas de servizo. Actualmente, o servizo de axuda no fogar atende a 184 usuarios en diferentes puntos da cidade.
Ademais, os servizos de asistencia a drogodependentes disporá dunha partida de 274.500 euros, e serán 26.845 euros os que financien a xestión de emprego. O borrador de orzamentos presentado polo equipo de Severino Rodríguez inclúe 684.000 euros para o ensino, e 409,454,57 euros para o deporte, incluíndo as instalacións.

PAGO A SOGAMA
Durante a presentación do proxecto orzamentario para 2015, os responsables municipais explicaron que dentro dos gastos correntes están incluídos os 523.000 euros correspondentes ao pago a Sogama, e os 40.000 euros do punto limpo industrial.

MÁIS PRESUPOSTO PARA AS ASOCIACIÓNS MONFORTINAS
Dende o equipo de Goberno local, suliñaron que no borrador orzamentario para o vindeiro ano medra o importe dispoñible para subvencións ás asociacións, con preto de 223.000 euros. Neste sentido, MªXosé Vega precisou que este aumento permite cumprir co compromiso asumido polo Concello coas asociacións, “importantes motores da actividade” en Monforte.
MEDRAN OS INVESTIMENTOS
A partida orzamentaria para investimentos pasa dos 436.262,13 euros de 2013 aos 700.000 euros para 2015, co obxectivo de “converter a Monforte nunha cidade máis atractiva para vivir”. Ademais da mellora de barrios e zona rural, aos que se destinan 100.856,76 euros, os investimentos para 2015 inclúen proxectos de gran calado, como a adecuación das marxes do río Cabe, que estará dotada con 224.217, 29 euros, ou a potabilizadora, cunha partida de 245.567,02 euros. Ademais, destinaranse 22.011,15 euros para a implantación da administración electrónica.

REDUCIÓN DA DÉBEDA
Dende o equipo de Goberno, suliñaron que esta proposta orzamentaria estima unha baixada da débeda en 67.000 euros, o que supón unha redución de máis do 50% respecto ao que se debía no ano 2002. A concelleira de Facenda destacou “o esforzo, boa xestión e previsión económica” do equipo de Goberno para facer posibles estas contas conxelando as taxas e impostos “por terceiro ano consecutivo”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Dous profesores do IES Daviña Rei, Premios Nacionais de Educación en proxectos de colaboración docente

Seguinte Nova

Ata o 9 de decembro para presentar traballos ao I Concurso Postal do Nadal Dixital

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

   
A %d blogueros les gusta esto: