O presidente da Deputación fixo a “ruta do cancro” con veciños da provincia

Para denunciar que Lugo segue a carecer de Radioterapia

O presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, e outras autoridades, á chegada ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) xunto ao veciño da Fonsagrada que se ve na obriga de viaxar á Coruña para recibir Radioterapia. GPDL
O presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, e outras autoridades, á chegada ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) xunto ao veciño da Fonsagrada que se ve na obriga de viaxar á Coruña para recibir Radioterapia. GPDL

• O 21 de novembro, o presidente da Deputación lucense, José Ramón Gómez Besteiro, acompañou a veciños da nosa provincia durante o traxecto que deben realizar para recibir o tratamento de Radioterapia contra o cancro que padecen. Gómez Besteiro percorreu xunto a estes pacientes a coñecida como “ruta do cancro”, un percorrido de 400 quilómetros e oito horas de duración, co obxectivo de denunciar a situación na que se encontran os enfermos de cancro lucenses, que deben desprazarse ata A Coruña para ser tratados da súa enfermidade, “posto que a Xunta segue sen dotar a Lugo deste servizo”, denunciou Besteiro. O mandatario provincial estivo acompañado nesta xornada por membros da Federación de Asociacións Veciñais de Lugo; o alcalde de A Fonsagrada, Argelio Fernández, e de Lugo, José López Orozco; e doutros deputados provinciais.

400 QUILÓMETROS E OITO HORAS NA “RUTA DO CANCRO”
A denominada “ruta do cancro” ocupou a totalidade da xornada do día 21. En torno ás 10,30 horas, Gómez Besteiro, xunto con Pilar García Porto, Regina Polín e Alfredo Llano, saíu do Pazo de San Marcos cara Vilagudel, núcleo de A Fonsagrada, onde, ás 12,30 horas, un vehículo medicalizado recolleu a un veciño deste municipio da Montaña luguesa que recibe Radioterapia en A Coruña. Xuntos partiron cara o Hospital Lucus Augusti (HULA), onde se atoparon con outro veciño na mesma situación, pero neste caso da cidade de Lugo.
Xa ás 15,30 horas, saíron dende o HULA cara o Hospital Oncolóxico de Galicia en A Coruña, onde os dous veciños lucenses reciben Radioterapia, posto que Lugo é a única provincia galega que non conta con este servizo sanitario.
Tras máis de dúas horas de tratamento, ás 18,30 horas chegou o momento de voltar a Lugo, primeiro ao HULA e logo a Vilagudel, na Fonsagrada, a onde chegaron ás 22,00 da noite.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Inician a contratación das obras das pallozas do Piornedo

Seguinte Nova

O Campionato Galego de Billar a tres bandas celebrado en Chantada rematou con victoria local

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Xornada de Convivencia

Esta semana tivo lugar unha xornada de convivencia que reuniu ás familias acolledoras do programa Vacacións

A %d blogueros les gusta esto: