Sete días e quince premios a sorteo para disfrutar do Tapicheo’14 en Sarria

• Sarria convida a disfrutar da súa gastronomía na nova edición do Tapicheo. Esta iniciativa, que xa cumple oito anos, está a ofrecer cinco rutas por 34 establecementos locais durante os días 28, 29 e 30 de novembro, e 5, 6, 7 e 8 de decembro. O gran tirón que está a ter o Tapicheo de Sarria nos últimos anos consolida á vila xacobea como unha cita inesquecible dentro do calendario do ocio gastronómico do sur lucense.

CÓMO PARTICIPAR
Os establecementos participantes ofrecen dúas tapas a concurso, nas modalidades de tapa tradicional e tapa innovadora. Os consumidores que queiran optar a algún dos quince premios que se sortean no Tapicheo’14 deberán ter selados un mínimo de quince dos trinta e catro recadros que compoñen as tarxetas de participación.

PREMIOS PARA OS QUE TAPEEN EN SARRIA
Aquelas tarxetas que acaden os trinta e catro selos poderán entrar no sorteo dunha viaxe para dúas persoas ás Illas Canarias, por cortesía dos establecementos participantes no Tapicheo´14. As tarxetas que acumulen un mínimo de 15 selos, entrarán no sorteo de interesantes premios: un paquete “Plan B” de experiencia ou equivalente, para dúas persoas, por cortesía de Viaxes Barceló; unha cea para dous por cortesía de Terraza Meigallo; un lote de botellas de viño Piérola por cortesía de Terraza Meigallo; un lote de dúas botellas de Rioja Lealteanza Reserva 2008 de autor por cortesía de Bar Atlántico; unha cea para dous en O Chanto; unha estancia dunha noite con almorzo para dous no Hotel Alfonso IX; unha cea para dous en Travesía dos Soños; unha cea para dous en Matías Locanda; tres lotes de dúas botellas de licor de herbas e tostada por cortesía de D’Orixen; unha cea ou comida para dous en Cafetería Santiago; unha cea para dous en O Descanso; e unha cea para dous en O Faro.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Concello de Monforte emitiu un telegrama de condolencia polo falecemento da Duquesa de Alba

Seguinte Nova

A Biblioteca de Sober sumouse ao Mes da Igualdade

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio