A Asociación Europea de Ferroviarios celebrará en Augas Santas a súa asamblea xeral

O balneario de Augas Santas será a sede da asamblea xeral da sección española da Asociación Europea de Ferroviarios. Arquivo EC.
O balneario de Augas Santas será a sede da asamblea xeral da sección española da Asociación Europea de Ferroviarios. Arquivo EC.

• Pantón continúa a destacar como sede para a organización de eventos. As instalacións de Augas Santas foron escollidas pola sección española da Asociación Europea de Ferroviarios (A.E.C. nas siglas en francés) para a celebración da súa asamblea xeral. O encontro, que se desenvolverá do 10 ao 12 de xaneiro, está acompañado por unha intensa axenda de actos, con actividades de carácter turístico, cultural, etnográfico e lúdico.

PROGRAMA DE ACTOS
A chegada dos participantes na asamblea xeral da Asociación Europea de Ferroviarios terá lugar na mañá do día 10, cando serán recibidos polo alcalde de Monforte, para continuar cunha visita ao Centro do Viño da Ribeira Sacra. Neste espazo, e a partir das 12,30 horas, terá lugar unha conferencia sobre o quinto centenario da publicación da segunda parte de «Don Quijote de La Mancha». Logo dunha comida no restaurante do Hotel Balneario OCA Augas Santas a base de produtos da matanza, a expedición volverá ao Centro do Viño para asistir á presentación dun libro sobre enxeñería ferroviaria. De volta en Pantón, terá lugar a celebración da asamblea da A.E.C. en Augas Santas.
A xornada do día 11 amencerá cunha degustación das frebas da matanza, como parte do calendario etnográfico desta xuntanza. A continuación, os visitantes realizarán un percorrido en catamarán polos Canóns do Sil, e ás catro da tarde achegaranse ao Museo do Ferrocarril, onde a partir das cinco o vicepresidente e secretario xeral da A.E.C., Julio Álvarez, disertará sobre o papel do Porto Seco de Monforte no eixo atlántico. Ás seis, a Coral da Renfe ofrecerá un concerto en La Fraternal.
A viaxe completarase o día 12 cunha degustación matutina dos chourizos da matanza, e unha posterior visita ao museo de Nosa Señora da Antiga, en Monforte.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Dez proxectos finalistas no I Concurso de Proxectos Empresariais Semente de Monforte

Seguinte Nova

Polémica polos servizos de Hemodinámica, Radioterapia e Medicina Nuclear no HULA

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: