A Asociación Veciñal de O Saviñao fixo público o «clamor popular e descontento da veciñanza» pola suba do IBI en O Saviñao

• A mediados deste mes, a Asociación Veciñal de O Saviñao fixo público «o clamor popular debido ao descontento de todos os veciños e as veciñas de O Saviñao» pola suba do IBI deste ano. O colectivo veciñal suliñou que o incremento deste tributo nun 20% fai que «as familias se vexan seriamente perxudicadas».

CRÍTICA Á SUBIDA DE IMPOSTOS «SEN A MÍNIMA CONTRAPARTIDA EN SERVIZOS QUE AS XUSTIFIQUEN»
Esta «desproporcionada» subida fraguouse, según explican dende a Asociación Veciñal, xa hai un ano, cando nos presupostos para o 2014 o equipo de Goberno municipal incrementou a tarifa impoñible do 0,5 ao 0,6. «O que daquela ninguén sabía era que ese coeficiente ía significar un incremento do 20% no recibo catastral, o que supón en moitos casos recibos de ata 800 ou 1.000 euros, máis propios de vivendas ubicadas no centro das grandes capitais», denuncian dende o colectivo veciñal.
A Asociación Veciñal de O Saviñao lembrou que «este afán recadatorio do Concello non é novo», en referencia, entre outros, ao incremento do 120% no recibo de alcantarillado e lixo, e o do prezo da gardería nun 100%. » Estas subas responden á necesidade do Concello de gravar aos veciños con impostos directos para manter as catro dedicacións exclusivas do equipo de Goberno a costa dos petos dos veciños», criticaron dende este colectivo veciñal. «Hai uns catro anos o Alcalde afirmou, despois de gañar as eleccións, que eses catro salarios ían significar un aforro para o Concello, pero a realidade é que supuxo un saqueo continuo á veciñanza», suliñaron os responsables da Asociación Veciñal de O Saviñao.
Dende o colectivo veciñal denuncian que, «a pesar de pagar máis, hai unha grave carencia de servizos públicos». «Non hai unha residencia de maiores accesible e pública, por non quererlle aboar á Deputación a parte correspondente da compra xa executada do solar», criticaron os responsables da Asociación. Entre outras deficiencias nos servizos, denunciaron que «a gardería está totalmente privatizada e cuns prezos moito máis elevados dos que se pagan nas Galiñas Azuis concertadas coa Xunta», e que as actividades lúdicas e formativas «son todas pagadas polos asistentes». «Non hai a mínima contrapartida en prestacións sociais que xustifique este gravamen impositivo». suliñaron. Por todo isto, dende a Asociación Veciñal solicitaron «a volta inmediata ao coeficiente anterior para os presupostos do 2015».•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Sarria e Samos participaron na celebración do 25º aniversario do falecemento de Elías Valiña, gran impulsor do Camiño

Seguinte Nova

Aposta pola creación e recuperación de soutos de castiñeiros no noso rural

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: