A Consellería de Traballo financia a contratación dun axente de emprego en nove concellos do sur lucense

Investindo máis de 63.000 euros

A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, nunha reunión con alcaldes do sur de Lugo. (Arquivo EC).
A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, nunha reunión con alcaldes do sur de Lugo. (Arquivo EC).

• A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Traballo e Benestar, subvencionará nos próximos meses a contratación de nove axentes de emprego e desenvolvemento local que prestarán os seus servizos na zona sur de Lugo. Así o anunciou a mediados deste mes a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, quen suliñou que esta medida supón un investimento de máis de 63.000 euros.Os municipios beneficiados por este servizo son Carballedo, Chantada, Monforte, Pantón, A Pobra do Brollón, Ribas do Sil, O Saviñao, Sober e Taboada.

ESTUDOS DO MERCADO LABORAL E ASESORAMENTO A EMPRENDEDORES DURANTE UN ANO
A contratación destes nove axentes de emprego terá unha duración de doce meses. A súa labor inclúe o desenvolvemento de tarefas de estudo sobre o mercado laboral, e de asesoramento puntual aos emprendedores, centrándose nas características e posibilidades de empregabilidade da zona na que presten servizo.

PULO Á PROMOCIÓN ECONÓMICA LOCAL
Según explicou Raquel Arias, o obxectivo principal destes axentes de emprego é “a promoción económica local, o impulso de proxectos empresariais e de iniciativas innovadoras para a xeración de emprego naquelas actividades económicas que ofrecen mellores perspectivas de futuro no lugar de referencia”.
Estes axentes realizarán prospeccións de recursos ociosos ou infrautilizados, identificando novas actividades económicas e posibles emprendedores. Ademais, difundirán esta información entre desempregados, promotores e emprendedores, estimulando a formación dunha maior conciencia empresarial. Por outra banda, estes especialistas realizarán labores de acompañamento técnico no inicio de proxectos empresariais concretos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Denuncian que Fomento ten sen executar preto do 40% do orzamento para a supresión dos pasos a nivel lucenses

Seguinte Nova

O club Neka Monforte fai historia no taekwondo galego

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: