A Deputación de Lugo leva máis dun ano esperando pola documentación que debe presentar o Concello de Sarria para poder comezar coas obras da piscina cuberta deste municipio lucense. O organismo provincial enviou ata en catro ocasións escritos ao municipio sarriano, entre novembro de 2013 e maio de 2014, e lamenta que o Concello non dera resposta. As solicitudes estaban referidas a certificacións sobre medicións, modificacións das melloras de obra ou a xustificación da execución do Plan de Comunicación, entre outros. Ademais, a Deputación informou ao Concello que, unha vez enviada toda a documentación requirida, é preciso que facilite o acceso ao lugar das obras a fin de realizar as comprobacións necesarias, e fixara unha data para a recepción e entrega destas obras. Dende o organismo provincial piden a «máxima axilidade» ao Concello para poder rematar esta actuación.•
Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS
O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma) asinou un acordo coa Deputación de Lugo
No acto inaugural, o Alcalde de Monforte José Tomé Roca estivo acompañado Secretario de Estado para
O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, e o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS), José
Algo máis de 120 días despois do inicio das obras, e con máis dun 70% da
O PP advirte que as obras de Adif, en Oural, levan un retraso de tres anos