A UNED divulgará a actividade das asociacións lucenses no espazo «Cultura Dixital»

• A Área de Cultura da Deputación e o centro asociado da UNED de Lugo van poñer en marcha o proxecto «Cultura Dixital», para dar visibilidade ás programacións e actividades organizadas por todas as asociacións e colectivos culturais da provincia de Lug. Según explicou o delegado de Cultura do organismo provincial, Mario Outeiro, a Deputación vai aportar 25.000 euros para este proxecto.
Entre os obxectivos de «Cultura Dixital» está conseguir un maior desenvolvemento cultural a través da apertura dunha porta de comunicación entre a UNED e as asociacións culturais no campo da edición e a comunicación dixital audiovisual, o que pode derivar nun incremento da eficacia e nun maior grado de eficiencia das súas programacións, según suliñou o responsable provincial. Mario Outeiro precisou que ao abrir unha porta de comunicación entre os sectores cultural e universitario non só incrementaría o número de actividades a compartir, senón que ampliará o potencial de usuarios.
O proxecto «Cultura Dixital» desenvolverase a través dun curso de divulgación sobre temática científica, xornadas sobre temas de actualidade ou xornadas literarias. Ademais, o centro asociado da UNED axeitará parcialmente a súa programación de Desenvolvemento Cultural á demanda das asocacións culturais, con foros de debate, conferencias, docu-fórums ou cine fórums. Para dar a coñecer este proxecto, porase en marcha unha web e unha revista dixital, e a UNED empregará os seus medios propios, como a Cadea Campus.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Os viños de Pantón, protagonistas no Centro do Viño da Ribeira Sacra

Seguinte Nova

Cheo na I Asamblea de Espertamonforte! apadriñada polo alcalde independente de Oleiros

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir aInicio

Don't Miss