Aposta pola creación e recuperación de soutos de castiñeiros no noso rural

A Xunta destinou para plantacións preto de 580.000 euros

Visita da conselleira de Medio Rural, Rosa Quintana, á plantación de castiñeiros de Nogueira, en Anllo-Sober, acompañada pola delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e os responsables da comunidade de montes de Nogueira. CMRM.
Visita da conselleira de Medio Rural, Rosa Quintana, á plantación de castiñeiros de Nogueira, en Anllo-Sober, acompañada pola delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e os responsables da comunidade de montes de Nogueira. CMRM.

• O pasado 10 de decembro, a conselleira de Medio Rural, Rosa Quintana, achegouse ata Sober para visitar a plantación de castiñeiros que está a realizar a comunidade de montes de Santo Estevo de Anllo no monte de Nogueira. Este proxecto está integrado no plan de axudas que o departamento autonómico destina ao fomento de primeira forestación de terras non agrícolas, e que este ano conta cun investimento total de 6,6 millóns de euros.

MÁIS DE 1.000 NOVOS CASTIÑEIROS NESTE MONTE COMUNAL DE SOBER
A nova explotación de castiñeiros do monte de Nogueira conta cunha extensión de máis de 12 hectáreas, nas que se están a plantar 1.247 plantas de castiñeiro híbrido inxertado. Ademais, o proxecto de posta en marcha desta explotación comunal inclúe traballos de roza, o arreglo da pista forestal, o inxertado dos exemplares e a fertilización, entre outras accións. Según explicaron os responsables da iniciativa, o proxecto contou cunha subvención de máis de 16.000 euros, aportados pola Consellería de Medio Rural e Mar.

PRODUCIR E COMERCIALIZAR A CASTAÑA
Durante a súa visita á explotación de Nogueira, en Anllo, a conselleira valorou este proxecto «como un exemplo de posta en valor do noso monte», neste caso orientado á produción e comercialización da castaña.

IMPULSO Á ECONOMÍA RURAL E Á FIXACIÓN DE POBOACIÓN
Asimesmo, Rosa Quintana destacou que este tipo de plantacións contribúen á diversificación forestal e ao aproveitamento dos recursos do monte, xa que aumentan a superficie forestal arbolada e diminúen o risco de incendios. A titular de Medio Rural suliñou a importancia destas iniciativas para impulsar a economía e fixar poboación no noso rural.
Tras visitar o souto de castiñeiros, Rosa Quintana achegouse ata a finca experimental Os Chancís, tamén no concello de Sober. Esta finca é un proxecto con fins experimentais, educativos e de mantemento da biodiversidade e da paisaxe, centrado no coñecemento da adaptación de variedades autóctonas á subzona de Amandi dentro da Denominación de Orixe Ribeira Sacra e no estudo das características agronómicas e enolóxicas de variedades autóctonas en relación coa altitude, a exposición da parcela , e co efecto de diferentes portaenxertos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Asociación Veciñal de O Saviñao fixo público o «clamor popular e descontento da veciñanza» pola suba do IBI en O Saviñao

Seguinte Nova

Os Orzamentos de Sober priorizarán o gasto social e os investimentos

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir aInicio

Don't Miss