Aprobada a dotación de mobiliario para o Auditorio de Chantada

Completan os investimentos do canon

O Auditorio de Chantada foi o investimento estrela da Deputación de Lugo en Chantada con cargo ao canon. Esta infraestrutura estará dotada este mes de mobiliario e equipamento interior. EC
O Auditorio de Chantada foi o investimento estrela da Deputación de Lugo en Chantada con cargo ao canon. Esta infraestrutura estará dotada este mes de mobiliario e equipamento interior. EC

• A finais de novembro, a Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou o contrato de adquisición e instalación do mobiliario do Auditorio Municipal de Chantada. Esta actuación conta cun orzamento de 53.700 euros, financiados integramente polo organismo provincial.

CARACTERÍSTICAS DA DOTACIÓN
O mobiliario que se vai instalar este mes no Auditorio de Chantada está composto por 266 butacas, ademais dun equipo audiovisual integrado por un proxector e unha pantalla de catro por dous metros.
Según explicou o voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, esta actuación levaba demora debido a que a empresa adxudicataria inicial rexeitou asumir este contrato, polo que foi necesario iniciar un novo proceso de contratación. “Levamos tempo traballando neste proceso, e debido á renuncia da adxudicataria inicial, houbo que celebrar outra mesa de contratación, valorar unha vez máis as ofertas presentadas, propoñer unha nova adxudicataria e abrir un segundo prazo de entrega da documentación legal e imprescindible para poder adxudicar o contrato”.

COMPLÉTASE UNHA VELLA DEMANDA DOS VECIÑOS DE CHANTADA
O voceiro provincial socialista suliñou que a instalación do mobiliario interior, que completa o proxecto xeral do Auditorio Municipal de Chantada, vén cumprir cunha “vella demanda” dos veciños de Chantada, xa que a capital do Asma non contaba con ningún espazo con capacidade suficiente para acoller actos con máis de 150 persoas. O novo Auditorio ten capacidade para preto de 400 persoas.
Manuel Martínez lembrou que a Deputación de Lugo investiu na construción deste edificio preto de 900.000 euros con cargo ao canon, sendo un dos proxectos máis importantes que se desenvolveron en Chantada cos 5 millóns de euros desta partida.

OUTRAS MELLORAS EN CHANTADA FINANCIADAS POLO ORGANISMO PROVINCIAL
O voceiro provincial socialista explicou que con cargo ao canon tamén se financiaron as obras de acondicionamento dun total de 16 rúas chantadinas. Ademais, Manuel Martínez explicou que cos remanentes destes fondos, xa están aprobados outros investimentos nesta poboación. Así, destinaranse 16.102 euros á mellora do campo de fútbol de O Sangoñedo, 138.417 euros á do centro de día, e 8.000 euros á da Praza de Abastos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Reclaman para Galicia un marco enerxético propio

Seguinte Nova

Quiroga estrea a I Carreira Andaina Solidaria San Silvestre

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: