Arranxos nas estradas provinciais da zona rural de Monforte

Mantemento da rede de viais de titularidade provincial

O deputado de Goberno Interior, Miguel Ángel Sotuela, supervisou as obras de mellora dun tramo da estrada de Seoane ao Pazo de Tor, en Monforte, acompañado polo voceiro socialista no Concello, José Tomé.  GPDL.
O deputado de Goberno Interior, Miguel Ángel Sotuela, supervisou as obras de mellora dun tramo da estrada de Seoane ao Pazo de Tor, en Monforte, acompañado polo voceiro socialista no Concello, José Tomé. GPDL.

• A Deputación de Lugo vén de desenvolver a comezos de decembro os traballos de acondicionamento do vial LU-P-3207, dentro do término municipal de Monforte, e pertencente á rede de estradas provincial. As melloras realizáronse no tramo de Seoane ao Pazo de Tor, nun total de 300 metros, e consistiron no arranxo do firme coa aplicación dunha triple capa de rego asfáltico.

ACTUACIÓN CON MEDIOS PROPIOS
O deputado de Goberno Interior, Miguel Ángel Sotuela, desprazouse ata a zona para supervisar os traballos. Sotuela explicou que, co obxectivo de optimizar os recursos e impulsar o sector público, a Deputación executou estes traballos con medios propios. Así, na zona traballaron oito técnicos provinciais, dotados cun equipo de maquinaria do Parque Móbil da Deputación, composto por unha apisoadora, unha pala, un camión de grava e unha bituminadora. Para estes traballos destinouse un orzamento de 20.000 euros.
Asimesmo, Sotuela lembrou que estes traballos veñen sumarse ás obras xa executadas nesta mesma estrada polo organismo provincial, e para as que a Deputación de Lugo destinou máis de 200.000 euros. Outra das actuacións máis destacadas no ámbito rural do municipio de Monforte foi o arranxo da estrada de Seoane por Cinsa a Pol, que o organismo provincial executou cun presuposto de 543.000 euros.
Según explicou o deputado de Goberno Interior, as melloras que se realizaron na LU-P-3207 foron unha das actuacións solicitadas pola veciñanza de Monforte durante o proceso de elaboración dos Orzamentos Participativos da Deputación de Lugo para 2015. Sotuela precisou que con este tipo de actuacións, “a Deputación está a cumplir coas peticións dos veciños”.•

•Melloras en viais de Láncara e Bóveda

• Tamén a comezos de decembro, a Deputación de Lugo realizou traballos de mellora no firme con aglomerado da estrada LU-P-2703, comprendida dentro do término municipal de Láncara.

AS OBRAS REQUERIRON CORTAR O TRÁFICO, AGÁS NA PONTE DA CONSTITUCIÓN
O treito no que se realizaron as melloras discurre entre A Pobra de San Xiao e Carracedo. Para levar a cabo estes traballos, foi preciso proceder ao corte de tráfico durante uns días. Esta medida afectou ao treito que vai dende os puntos quilométricos 2,335 e 6,05 deste vial. Durante a fin de semana da ponte da Constitución, a estrada permaneceu aberta ao tráfico en horario completo, así como os días laborables dende as sete da tarde ata as oito da mañá.
Os traballos quedaron rematados no prazo dunha semana.

MELLORAS EN BÓVEDA
Ademais destas actuacións na comarca de Sarria, a Deputación vén de acometer obras de acondicionamento noutros puntos da rede de estradas provincial do sur de Lugo. A comezos de decembro, o presidente do organismo provincial, José Ramón Gómez Besteiro, supervisou o resultado dos traballos de ampliación da estrada provincial LU-P-0903 na parroquia de San Martín de Bóveda. Según precisaron os responsables provinciais, os traballos consistiron na aplicación dunha emulsión de triple rego asfáltico, para mellorar o firme desta estrada.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Cita do alumnado lucense co cinema galego na película “A esmorga”, baseado na novela de Blanco Amor

Seguinte Nova

Completadas as melloras na Praza de Abastos

Últimas noticias sobre INFRAESTRUCTURAS

A %d blogueros les gusta esto: