Arrincou en Augasantas a VII Liga de Parellas Costas Galicia

•O torneo desenvolverase en 6 probas ata marzo en Pantón •Na proba de decembro participaron 33 parellas

Algúns dos participantes gañadores da primeira proba da VII Liga de Parellas Costas Galicia. (Foto cedida).
Algúns dos participantes gañadores da primeira proba da VII Liga de Parellas Costas Galicia. (Foto cedida).

• Na fin de semana da ponte da Constitución, as instalacións do Balneario Oca Augas Santas Golf Resor acolleron a proba de arranque da VII Liga de Parellas Costas Galicia, que contou coa participación dun total de 33 parellas.

PARELLAS GAÑADORAS DA PRIMEIRA PROBA
A proba disputouse baixo a modalidade fourball. Os campións da pasada edición, o tandem formado polos vigueses Fernando Moldes e Román Lorenzo, impuxéronse con claridade sobre o resto dos participantes, cunha tarxeta con 44 puntos stableford. A segunda praza correspondeulle aos ourensáns José Luis Rodríguez e Juan Carlos Monteagudo, que remataron con 41 puntos. En terceiro lugar quedou a parella formada polos xogadores de O Barco Isabel Fernández e Gabriel Fernández, que completaron a proba con 40 puntos.
A Liga de Parellas Costas Galicia inclúe cinco probas máis, que se disputarán no campo de golf de Pantón ata marzo de 2015. Cada proba premia ás primeiras parellas clasificadas, e ademais todos os participantes van sumando puntos para a clasificación final da Liga. As tres parellas que acaden o podium final serán agasalladas pola axencia Costas Galicia con viaxes vacacionais a destinos nacionais e internacionais.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Quiroga estrea a I Carreira Andaina Solidaria San Silvestre

Seguinte Nova

Éxito da sétima edición da Añada Racing en terras de Brollón

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

     
A %d blogueros les gusta esto: