As actividades de Nadal en Bóveda xirarán en torno ás «ideas para cambiar o mundo»

Obradoiros temáticos para os cativos

• A Biblioteca Municipal de Bóveda acollerá as actividades de Nadal para os máis cativos, que este ano realizaranse en torno ao tema «2015: Ideas para cambiar o mundo».

ACTIVIDADES EN HORARIO DE MAÑÁ E TARDE
Así, o día 22 os participantes traballarán sobre a «Carta á señora Terra», o 23 estará adicado a «Un montón de coidados para o planeta», o 24 será o día de «Un regalo para o señor Mundo», e o 26 adicarase a «A máquina de arranxar problemas». A segunda semana das vacacións escolares comezará coa actividade «O telexornal das boas novas», o luns 29, e o día 20 elaboraranse «Pócimas máxicas para ser felices». As actividades rematarán o día 31 cos «Xogos para cambiar o mundo». O horario das actividades de Nadal será de 11 a 14 horas, e de 17 a 19 horas, agás os días 24 e 31, que serán de 11 a 14 horas.
Todas as actividades son gratuítas, e é preciso anotarse no Concello ou na Casa da Cultura para participar.
O día 2 de xaneiro terá lugar unha sesión de Xogos de Aninovo, en horario de 11 a 14 horas, e de 17 a 19 horas.A programación de Nadal en Bóveda culminará coa tradicional Cabalgata de Reis, que arrincará ás 16, 45 horas pola rúa Río Mao, e rematará coa Recepción ás SS.MM. Os Reis na Casa da Cultura, ás 17 horas, que dará inicio a unha festa para os asistentes.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Deputación agarda dende hai máis dun ano que o Concello remita a documentación da piscina de Sarria

Seguinte Nova

AS VIÑAS, O FOGÓN E A SALANOVA, GAÑADORES DO «VI CONCURSO DE TAPAS DA POBRA DO BROLLÓN»

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: