O hostal As Viñas, de A Pobra do Brollón, resultou gañador do VI Concurso de Tapas de A Pobra do Brollón coa tapa «Bacallau á Capitana». O segundo premio foi para a parrillada O Fogón, de Cereixa, coa tapa «Broqueta da Lousa». O terceiro galardón correspondeu a A Salanova, de Salcedo, coa tapa «Túberculo Bivalvo». O VI Concurso de Tapas de Brollón contou coa participación de nove establecementos hosteleiros, que repartiron dende o 28 de novembro ata o 8 de decembro preto de 5.000 tapas. A entrega de premios terá lugar o día 5 de xaneiro, dentro do programa de actos de Reis.•
Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO
Gonzalo L. Torres. Moito falamos do Feismo urbanístico en Galicia, e seguro que moitos de nós
O pasado 19 de xullo, os representantes da Asociación Veciñal do Saviñao entregaron no Concello un
• Fixeron traballos de limpeza do acceso do camiño que leva á fonte publica, ante o
• Redacción- MONFORTE. a Asociación Monfortina de Amigos do Ferrocarril (AMAFER), no 25 aniversario da súa
O Concello da Pobra do Brollón está a desenvolver o programa «Déixate guiar», que ofrece cinco