
• A Casa da Cultura de Monforte encheuse para a celebración, o pasado 13 de decembro, da I Asamblea da iniciativa participativa cidadá Espertamonforte!. O acto iniciouse coa intervención de Ángel García Seoane, alcalde de Oleiros, que falou sobre a súa experiencia como fundador de Alternativa dos Veciños, así como de aspectos como a participación, a transparencia e o paso a alternativa real de goberno nun municipio. Posteriormente, tivo lugar a asamblea aberta, que contou coa intervención directa do público asistente, e concluiu coa decisión de elaborar unha candidatura para as municipais.•