CIG-Saúde denuncia a “descapitalización” do Hospital de Monforte

• O sindicato CIG-Saúde denunciou a “descapitalización” do Hospital de Monforte, logo da aprobación do decreto de xestión integrada de Lugo, Cervo e Monforte. “A tan cacarexada xestión integrada, que ía ser tan beneficiosa para o Hospital, non o está a ser tanto”, critican. A formación sindical denuncia, entre outros aspectos relativos á xestión, que “aínda estamos esperando o nomeamento do Director Médico” que establecía o decreto, e critican que non se teña nomeado substituto do dimitido subdirector de Xestión, “xa que agora se está levando todo desde Lugo”. Por outra banda, dende CIG-Saúde denuncian que “está a vir só un día á semana un enxeñeiro dende Lugo para atender as funcións do cesado xefe de Mantemento, cando se están a dar “moitísimos problemas” con equipos como o mamógrafo, “que é de 2002, e que xa o trouxeran doutro hospital”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Xosé Lois Maceda informou ao Valedor do Pobo da situación do Centro de Saúde de Brollón

Seguinte Nova

O Nadal, tempo de celebracións no sur de Lugo

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: