Denuncian que Fomento ten sen executar preto do 40% do orzamento para a supresión dos pasos a nivel lucenses

A piques de rematar o ano

Pola súa banda, os nacionalistas criticaron que a partida para a supresión dos pasos a nivel da nosa provincia “pasa de 6,2 millóns a cero” nos Presupostos do Estado para 2015

O senador socialista por Lugo, Ricardo Varela; a deputada no Congreso, Margarita Pérez Herraiz; o coordinador comarcal socialista, Pablo Rivera; e o secretario provincial do PSdG-PSOE, Juan Carlos González Santín, diante do paso a nivel de A Pobra de San Xiao. (Foto cedida).
O senador socialista por Lugo, Ricardo Varela; a deputada no Congreso, Margarita Pérez Herraiz; o coordinador comarcal socialista, Pablo Rivera; e o secretario provincial do PSdG-PSOE, Juan Carlos González Santín, diante do paso a nivel de A Pobra de San Xiao. (Foto cedida).

• Os socialistas de Lugo denunciaron que o Ministerio de Fomento só ten executados 4,1 dos máis de 6,2 millóns de euros consignados no exercicio de 2014 para a supresiónd dos pasos a nivel na provincia de Lugo. Así se desprende da resposta oficial do Ministerio de Fomento á pregunta formulada recentemente pola deputada socialista no Congreso Margarita Pérez Herraiz sobre o grado de execución do orzamento destinado polo Goberno á supresión dos pasos a nivel na provincia de Lugo.

EN CONSERVACIÓN E MANTEMENTO AÍNDA NON SE EXECUTOU O 66%
A deputada socialista deu a coñecer estes datos en A Pobra de San Xiao, acompañada polo senador socialista Ricardo Varela, o coordinador comarcal do PSdeG-PSOE, Pablo Rivera, e o secretario provincial desta formación, Juan Carlos González Santín. Os socialistas denunciaron que estea sen executar preto do 40% do orzamento para seguridade vial en Lugo “a piques de rematar o ano”. “Ante tales datos, estamos diante do Ministerio de Fomento máis ineficaz e peor xestor de toda a etapa democrática”, criticou González Santín. O secretario provincial do PSdeG-PSOE lamentou que “non só borraron a Lugo do mapa da Alta Velocidade, ao suspender o contrato da Intermodal, senón que en conservación e mantemento non executan o 60%”.
Os socialistas elixiron o paso a nivel da localidade lancaresa de A Pobra de San Xillao para informar do “escaso grado de compromiso do Goberno nesta materia”, porque, ademais, de ser un dos máis perigosos da provincia, “é unha das vías que o Goberno pretendía suprimir na provincia para garantir así a seguridade dos cidadáns, ao tempo que se contribuiría a reducir o risco de accidentes”. Según explicou a deputada no Congreso Margarita Pérez Herraiz, “o Partido Socialista encamiñara o proxecto para a supresión de 16 pasos a nivel na provincia, en concreto os situados en Monforte, Sober, Pantón, Quiroga, Ribas de Sil, A Pobra do Brollón, Bóveda, Sarria, Láncara, O Páramo, O Corgo, Lugo, Rábade, Begonte e Guitiriz. “A supresión lamentablemente quedou bloqueada cando o Ministerio decidiu paralizar as obras da variante de A Pobra de San Xillao, e que permitiría a eliminación destas vías”, criticou Pérez Herraiz.

O BNG VÉN DENUNCIANDO QUE “GALICIA, CON ESCASAS INFRAESTRUTURAS E POUCOS SERVIZOS, SOPORTA UNHA ALTA SINISTRALIDADE”
A situación da seguridade ferroviaria en Lugo vén sendo denunciada polo Bloque Nacionalista Galego ao longo deste ano. No primeiro aniversario do accidente de Angrois, o vicepresidente primeiro da Deputación de Lugo, o nacionalista Antonio Veiga, denunciaba a “política discriminatoria” do Goberno central ao paralizar a construción da variante de A Pobra de San Xiao. Veiga criticaba tamén que “a pesar de contar Galiza con escasas infraestruturas e poucos servizos ferroviarios, ten que soportar, ademais, un alto índice de accidentes neste medio de transporte”, sobre todo nos pasos a nivel. O mandatario provincial lembrou que Fomento anunciara en 2010 a construción dunha variante exterior que permitiría suprimir os seis pasos a nivel de Monforte, “e catro anos despois a veciñanza segue agardando por esta solución”.
Antonio Veiga criticou que a partida dos Presupostos do Estado para 2015 nesta materia “pase de 6,2 millóns a cero”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Éxito da sétima edición da Añada Racing en terras de Brollón

Seguinte Nova

A Consellería de Traballo financia a contratación dun axente de emprego en nove concellos do sur lucense

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss