Dez proxectos finalistas no I Concurso de Proxectos Empresariais Semente de Monforte

•As propostas seleccionadas céntranse no eido forestal e enolóxico, e nas novas tecnoloxías •En marzo de 2015 o xurado dará a coñecer aos tres proxectos gañadores

Os promotores da asociación Semente de Monforte, que convoca o I Concurso de Proxectos Empresariais. Arquivo EC.
Os promotores da asociación Semente de Monforte, que convoca o I Concurso de Proxectos Empresariais. Arquivo EC.

• A asociación Semente de Monforte deu a coñecer a comezos de decembro os dez finalistas do I Concurso de Proxectos Empresariais.

IDEAS NO SECTOR VITIVINÍCOLA
Un dos proxectos finalistas, «ControlCrop», ten como obxectivo a transmisión de información a bodegas privadas e cooperativas para o control de viñedos a través dunha rede de caixas de sensores. Con este sistema o viticultor coñecerá de forma automática o estado das uvas, sendo aconsellado en todo momento sobre as medidas a seguir, sen laboriosos análises químicos e valorizacións subxectivas, a través dunha páxina web e aplicación móbil.

XESTIÓN DO MONTE
O sector forestal é o obxectivo dalgúns dos proxectos deste concurso. O denominado E-Monte ofrece a creación dunha plataforma web deseñada para facilitar a compra-venda de lotes de madeira entre propietarios forestais e as empresas rematantes grazas a un sistema innovador. Pola súa banda, «Unha Nova Era da Agricultura Ecolóxica Desperta en Monforte» céntrase na búsqueda de novas técnicas baseadas en produtos naturais para o control de malezas. O proxecto denominado «Biofergo. Aproveitamento da masa forestal para fabricar briquetas, pellets e astilla», trata de aproveitar a masa forestal, tanto a madeira (ramas e trozos) para a fabricación de pellets, briquetas e astillas, así como a vexetal (plantas diversas como toxo e outros) para abono ou cosméticos, dependendo do tipo de planta.
O proxecto «Monforest» consiste en elaborar pellets de biomasa forestal, e servir de centro de asesoría e intermediación, con servizos como xestións de poda, desbroce, apeo e limpeza de montes a través de subcontratas ou persoal propio.

MEDIO AMBIENTE E HÁBITAT
Entre os proxectos presentados, Composterra propón a creación dunha planta de compostaxe aerobia para a facción orgánica dos residuos xerados na comarca de Lemos, e ubicada no Polígono Industrial de Monforte.
Ademais, hai propostas destinadas ao hábitat, o lecer didáctico e o consumo. O proxecto «THE Twenty European Houses» propón a fabricación de vivendas ecolóxicas, sustentables e económicas a partir de contenedores marítimos. Baixo a etiqueta «Creación dun Universo Didáctico Infantil “Keko e os Tukos”, presentouse un proxecto para crear un universo didáctico infantil, multiplataforma e multidisciplinar, con aplicacións para dispositivos móbiles e tablets. De cara ao consumo, o proxecto «Ribeira Sacra. Recendo dunha terra milenaria» busca identificar os compostos fenólicos, aromáticos e aceites esenciais dos produtos naturais da zona que contribúen a conformar o seu recendo propio, e elaborar produtos baixo unha nova marca calidade, «Recendo da Ribeira Sacra».

TECNOLOXÍA PARA COMUNICACIÓNS
A relación de finalistas complétase co proxecto «Light Transmisión: Transmisión da información no espectro visible», que busca implantar sistemas de transmisión e recepción de información mediante espectro visible (luz LED) como substituto aos sistemas actuais de onda WIFI, Bluetooth, Wimax, e outros.

DOUS PROXECTOS EN RESERVA
O xurado do I Concurso de Proxectos Empresariais ten en reserva dous proxectos. O primeiro é Turibeirasacra.com, un espazo na rede para a posta en valor da Ribeira Sacra nos circuitos turísticos internacionais, e como axente activo para a exportación de bens e servizos. A segunda reserva é «Espazo de Traballo Compartido (Coworking) CabeMos», para crear en Monforte o primeiro espazo de traballo compartido, que permite a profesionais, emprendedores e pemes compartir un espazo de traballo para os seus proxectos independentes á vez que se fomentan proxectos conxuntos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Cheo na I Asamblea de Espertamonforte! apadriñada polo alcalde independente de Oleiros

Seguinte Nova

A Asociación Europea de Ferroviarios celebrará en Augas Santas a súa asamblea xeral

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir aInicio

Don't Miss