Dinamización cultural para todos os públicos en Quiroga

A Casa da Cultura de Quiroga concentra unha intensa programación cultural para todos os públicos ao longo de todo o ano. Arquivo EC.
A Casa da Cultura de Quiroga concentra unha intensa programación cultural para todos os públicos ao longo de todo o ano. Arquivo EC.

• O Concello de Quiroga desenvolve ao longo de todo o ano unha intensa programación cultural, que inclúe actividades vinculadas ao calendario festivo e tradicional como á formación e ás artes. Esta ampla oferta ten en conta ao público de todas as idades, para contribuír á dinamización social e cultural do municipio.

OBRADOIROS GRATUÍTOS DE NADAL
A Casa da Cultura concentra boa parte destas actividades, e que nestes días estanse a centrar nas próximas festas navideñas. En torno a este tema xirarán os dous obradoiros que se van celebrar neste espazo os días 23 e 30 de decembro, organizados dende a Área de Xuventude do Concello de Quiroga. O obradoiro do martes 23 centrarase na elaboración de orixinais tarxetas de felicitación, e o taller do martes 30 estará enfocado cara á creación de agasallos de Nadal. Estas dúas actividades son gratuítas, e os participantes levarán para a casa os traballos que realicen.
TRABALLOS DO CURSO DE CESTERÍA TRADICIONAL
O día 18 inaugurouse no Museo Etnográfico de Quiroga a exposición que amosa os traballos dos participantes no curso de cestería tradicional, que se desenvolveu en Quiroga nos pasados meses. A mostra poderá verse ata o día 11 de xaneiro.

CREATIVIDADE PARA TODOS
A Oficina da Xuventude de Quiroga organizou para o venres 19 un taller de coaching, ás sete da tarde na Casa da Cultura. A sesión ofrecerá unha introdución ao coaching, e analizará experiencias e ideas que invitan á acción e apoian o desenvolvemento persoal como único camiño cara o éxito.
Aproveitando as novas tendencias en creatividade, dende o Concello de Quiroga organizaron para o sábado 20 un taller de decoración de cupcakes de Nadal. A actividade está a cargo da empresa Imaxinatia, e ten un custe de 22 euros por persoa, prezo que inclúe todo o material de traballo.
Tamén o día 20 celebrarase no Auditorio Municipal o acto de entrega dos premios do Concurso de Postais de Nadal, no que participaron nenos e nenas de 3 a 12 anos. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Convenio entre Abanca e a Cooperativa Lemos

Seguinte Nova

Estrea dunha nova adega na subzona de Quiroga-Bibei da Ribeira Sacra

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: