ACES-CCU de Sarria ten en marcha dende o día 3 e ata o Día de Reis a campaña «Atopa o duende de Nadal», na que se sortearán 1.000 euros en vales de compra. En total, este ano os clientes dos establecementos asociados poderán participar no sorteo dun total de 18 vales de compra, dos cales dous serán de 100 euros e os 16 vales restates serán de 50 euros cada un. Ademais, este ano o comercio sarrián está a ofrecer actividades de animación na rúa, con obradoiros rápidos para nenos e nenas, e a visita do Carteiro Real, entre outros.