Estrea dunha nova adega na subzona de Quiroga-Bibei da Ribeira Sacra

•Presentaron o viño Lar de Ricobao, da adega do mesmo nome, no Centro do Viño de Monforte

Numeroso público na presentación no Centro do Viño da Ribeira Sacra da nova marca Lar de Ricobao, da subzona Quiroga-Bibei. (Foto cedida).
Numeroso público na presentación no Centro do Viño da Ribeira Sacra da nova marca Lar de Ricobao, da subzona Quiroga-Bibei. (Foto cedida).

• O calendario enolóxico da Ribeira Sacra comezou o mes de decembro coa posta de largo dunha nova adega, Lar de Ricobao, que bota a andar a súa primeira etiqueta. O viño Lar de Ricobao foi presentado o pasado día 3 no Centro do Viño da Ribeira Sacra, nun acto que contou coa presencia do enólogo Luis Buitrón e o representante da adega Julio Quiroga Zarauza.
A adega Lar de Ricobao, ubicada no polígono empresarial de Quiroga, é un proxecto de recente creación, posto en marcha por un grupo de emprendedores da zona. Según explicaron os responsables da adega, a súa actividade desenvólvese co máximo respecto ao medio, implementando técnicas sostibles no traballo do campo e de aproveitamento de enerxías renovables na planta de elaboración. O obxectivo é trasladar ao consumidor o mellor das terras de Quiroga e Ribas do Sil, onde están os seus viñedos, e producir en torno aos 15.000 litros de viño.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Dinamización cultural para todos os públicos en Quiroga

Seguinte Nova

Os viños de Pantón, protagonistas no Centro do Viño da Ribeira Sacra

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss