•Este ruta non competitiva, organizada polo club Guímaro Motor, estase a consolidar no calendario lucense de eventos do motor
• O domingo 14 de decembro celebrouse en A Pobra do Brollón a Añada Racing, unha ruta non competitiva que organiza por sétimo ano consecutivo o club Guímaro Motor e na que participan motos, quads e vehículos Atv e Utv.
O percorrido desta Añada Racing incluía un total de 85 quilómetros de ruta, que partindo da capitalidade municipal de Brollón discurría polas terras deste concello. Logo de completados os primeiros 45 quilómetros, a organización agasallou aos participantes cun avituallamento composto por «bocata e café campestre, nun dos lugares máis emblemáticos do concello, como é a capela do San Vitoiro», según explicaron dende Guímaro Motor. Ao final da ruta, tivo lugar un xantar de confraternidade, con agasallos para os participantes.•