Estes días déronse a coñecer os gañadores da oitava edición do Tapicheo ‘14 de Sarria, evento que este ano repartiu 15.262 tapas, case 300 máis que na pasada edición. Dentro da categoría de Tapa Innovacora, o primeiro premio foi para a tapa ”Planeta Travesía” de Travesía dos Soños, mentres que o segundo correspondeu a ”Delicatessen”, a tapa presentada polo Anduriñas. O terceiro premio desta modalidade recaeu na tapa “Meigas no Camiño”, do Meigallo. Na categoría de Tapa Tradicional, o primeiro premio correspondeu a ”Mar con Mar”, de Pulpería Pontenova, e o segundo premio foi para “Solombo de canguro ao queixo San Simón”, de Mesón Roberto. Finalmente, o terceiro premio foille outorgado á tapa ”Montadiño de setas con ovo roto”, de Cafetería Santiago.•
Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO
Representantes da Asociación de Veciños de Parteme, aldea da parroquia de Nocedo, mantiveron un encontro coa
Gonzalo L. Torres. Moito falamos do Feismo urbanístico en Galicia, e seguro que moitos de nós
O pasado 19 de xullo, os representantes da Asociación Veciñal do Saviñao entregaron no Concello un
• Fixeron traballos de limpeza do acceso do camiño que leva á fonte publica, ante o
• Redacción- MONFORTE. a Asociación Monfortina de Amigos do Ferrocarril (AMAFER), no 25 aniversario da súa