Mencía Álvarez Díaz, de 2º de Primaria do CEIP A Gándara de Monforte, gañadora do I Concurso Postal do Nadal Dixital organizado pola Deputación

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

O día 17 tivo lugar no Pazo de San Marcos de Lugo a entrega dos premios do I Concurso Postal do Nadal Dixital, organizado pola Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo. A gañadora foi a alumna de 2º de Primaria do CEIP A Gándara de Monforte, Mencía Álvarez Díaz, cuxo debuxo será o deseño da tarxeta de Nadal da Vicepresidencia provincial. Por esta distinción, Mencía Álvarez recibiu unha tablet de última xeración, un pendrive, un suadoiro e material divulgativo. Asemade, non foi ela a única premiada, xa que tamén gozaron dun premio todos os seus compañeiros de 2º de Primeira do CPI A Gándara, tanto os do seu grupo A como os do B. En total serán 35 os estudantes que participarán nunha viaxe cultural pola provincia de Lugo nos próximos meses con todos os gastos pagados. Por outra banda, cabe destacar o traballo presentado polo alumno deste mesmo centro, Xurxo González Rodríguez, que foi recoñecido co terceiro premio na categoría de 7 a 9 anos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Nadal, tempo de celebracións no sur de Lugo

Seguinte Nova

Gañadores do Tapicheo’14 de Sarria

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: